Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 30 de xaneiro de 2018

Inicio da 2ª fase en liga galega Cadetes. Horarios todas as categorías


Esta tempada no BM Ribadosar contamos con dous equipos en categoría 2ª div. Galega.

Na primeira fase xogamos no mesmo grupo. Agora comeza a 2ª fase e tócanos separarnos, o BM Ribadosar Amancio Deportes  clasificouse para xogar Fase Final  e o BM Táboa Asesores xoga a Copa “Federación Galega”.


Dende aquí queremos darlle os parabéns ao equipo cadete BM Ribadosar Amancio Deportes xa que se clasificou para a fase final. Unha  fase na que xogan os seis mellores clasificados de toda Galicia en 2ª división galega. Non foi sinxelo pero os xogadores do Ribadosar Amancio Deportes dérono todo para poder estar entre os 6 mellores dos  27 equipos que hai en competición.




Aquí podes ver un pequeno resume de como se vai a desenvolver estas competicións

2ª Fase ou Fase Final: Os equipos formarán un grupo único  de seis (6) equipos, en función da clasificación obtida na 1ª Fase da Competición. Xogarase polo sistema de liga, baixo a fórmula de todos contra todos a dobre volta.

DATAS DE CELEBRACIÓN
A 2ª Fase ou Fase Final desenvolverase entre os días 4 de febreiro e 08 de abril de 2018.
A 6ª Xornada: 10.03.2018 e 7ª Xornada: 11.03.18 ( Dobre xornada este fin de semana.)

FASE FINAL DIVISIÓN DE HONRA CADETE MASCULINO
O equipo clasificado en 1º lugar do Grupo polo Título disputará a Fase Final do Campionato Territorial Cadete  Masculino da División de Honra da tempada 2017/18.

PARTICIPACIÓN NA COMPETICIÓN DE DIVISIÓN DE HONRA DA TEMPADA 2018/2019
No mes de setembro de 2018, todos os equipos inscritos, nos prazos previstos pola F.G.Bm., porán participar nunha Fase Previa para disputar a Competición de División de Honra (Play Off de Ascenso).
O Play Off se disputara nun fin de semana, polo sistema concentración (tipo sector). Serán sedes organizadoras, se así o solicitan, os equipos clasificados nas competicións da tempada 2017/18 nos seguintes postos: Campión de 2ª División Cadete  Masculina; 7º, 8º, 9º clasificados de División de Honra; 2º clasificado de 2ª División Cadete  Masculina  e 10º clasificado de División de Honra.

COPA “FEDERACIÓN GALEGA”. na que xoga o BM Ribadosar T´boa Asesores.

FÓRMULA E DATAS DE COMPETICIÓN
Esta competición desenrolarase en dúas fases, levándose a cabo cos criterios que a continuación se detallan:

  1ª Fase: Os  vinte e un  (21) equipos participantes – equipos que non clasifican para disputar a Segunda Fase ou Fase Final  do Campionato Territorial - distribuiranse en grupos de catro, cinco ou seis equipos cada un. A composición de cada un dous grupos  será establecida pola Área de Competicións da F.G.BM. atendendo a criterios de proximidade xeográfica (tal e como foi acordado na reunión do día 8 de setembro).

Xogarase polo sistema de liga, baixo a fórmula de todos contra todos a dobre  volta dentro de cada grupo. 

2ª Fase ou Fase Final: Será disputada polos equipos clasificados no primeiro postos de cada un dos grupos da 1ª Fase, xunto con mellor segundo, se o número de grupos é impar. Xogando baixo o sistema de eliminatoria a dobre  partido a eliminatoria de semifinais e a eliminatoria final.
A 1ª Fase desenvolverase entre os días 11 de febreiro e 22 de abril de 2017.
A 2ª Fase  ou  Fase Final terá lugar os  días  29 de abril e 20 de maio de 2018.

                                              

Horarios 3 e 4 de Febreiro


Este fin de semana o BM Ribadosar Táboa Asesores y el BM Ribadosar Alca Épsilon descansan.

Os demais están a pleno rendemento :

Os Benxamíns e os alevíns viaxan a xornada de concentración de balonmán 5 ao concello de Zas.

Os equipos infantís tanto o masculino coma o feminino, xogan o domingo a maña no Pavillón 
Quiroga Palacios en Santiago.

O Cadete BM Ribadosar Amancio Deportes comeza a fase final en Ourense este sábado.
Moita sorte a todos e a vivir o Balonmán!!!


Podes consultar os Horarios e localizar pavillóns pinchando Aqui










Ningún comentario:

Publicar un comentario