Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 7 de febreiro de 2018

D.E.P.



Hai momentos na vida deses que te deixan sen saber que dicir, porque nada do que digas arranxa nada. Hai momentos na vida, deses que só tes que estar, que acompañar, que sentir, que abrazar, porque a dor compartida din que é menor.

Hoxe no Ribadosar tócanos vivir un deses momentos. Hoxe temos a triste nova do falecemento da nosa querida Marian, nai de Rubén (un dos nosos cadetes), muller de Fernando, (o noso secretario) e tamén colaboradora e amiga do club (Rodríguez Mato Abogados), e por suposto de todos nós.
Alá onde estés, Marian, o noso agarimo mais sincero. Para os que se quedan con nós, Fernando, Rubén e todos os seus familiares, o noso mais sincero pésame, acompañamento e apertas.
D.E.P.

Ningún comentario:

Publicar un comentario