Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 24 de outubro de 2018

Crónica e horarios.

Levamos dúas xornadas disputadas e seca de puntos nos nosos equipos. Tivemos un inicio de tempada que non nos acompañan os resultados no Ribadosar, estase a notar a falta de ritmo de competición con respecto aos rivais que levan adestrando dende agosto. O fin de semana pasado solo gañou o equipo Infantil Masculino (Ribadosar Level Fabrics) na casa do Narón.

A pesares de estes resultados as sensacións son boas, con traballo e compromiso en pouco tempo teremos ritmo de competición. A seguir traballando.

Este fin de semana os equipos infantil masculino ( Ribadosar Level Fabrics) e o infantil feminino (Ribadosar IF) xogan o domingo pola maña no Quiroga Palacios.

O equipo cadete e xuvenil viaxan a Viveiro, toca madrugar..

En categoría benxamín e alevín seguimos a espera do inicio da competición.

Moita sorte a tod@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario