O sábado temos partidos de benxamíns e alevíns entre os
nosos equipos. Estaremos no Pavillón Quiroga Palacios dende as 9:30 horas
O domingo o equipo xuvenil xoga contra o Camariñas no
pavíllon do Restollal as 12:30 horas, eo
cadete desta vez viaxa a Ferrol, xogan as 12:00 horas.
Os equipos infantís descansan esta fin de semana
O mércores 27 de febreiro temos unha viaxe a Cangas. Imos ver o partido entre o Frigoríficos do Morrazo vs FC Barcelona
Programa:
Saimos dende o Colexio C. Quiroga Palacios, as 18:30 (hai que estar 10´antes). O partido e as 20:30 no pavillón do Gatañal en Cangas. Estaremos de volta en Santiago sobre as 23:30 horas.
Recomendase levar un bocadillo para a cea e algo de beber, de todos xeitos alí temos cantina para o que queira comprar algo.
Dende o Club Balonmán Ribadosar pretendemos con estas actividades acercar o balonmán de máxima categoría aos nosos xogadores e socios. Esperamos que o desfrutedes o máximo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario