Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 4 de novembro de 2019

Competición Balonmán 5, Foto Oficial e Horarios Partidos.

Aquí deixamos a programación para o próximo fin de semana.

Pola maña estamos no Pavillón Quiroga Palacios coa seguinte programación:


  • As 10:00 comezamos coa competición de balonmán 5 en categoría alevín e benxamín. Nesta primeira xornada os partidos son entre os nosos equipos.

Nos seguintes link podes ver o calendario e mais datos sobre estas competicións.



  • As 10:50 están convocados os xogadores/as e técnicos de todos os equipos para facer a foto grupal da tempada 2019/2020. Pregase puntualidade. En 10 minutos temos acabado. Grazas a tod@s  

  • As 11:20 xogase o partido de cadete feminino, entre os equipos BM Ribadosar vs BM Brigantium

  • As12:50 xogase o partido de infantil Masculino, entre os equipos BM Ribadosar.es vs Bm Camariñas J.J. Chic. 

Pola tarde  no Pavillón do Restollal coa seguinte programación: 

  • As 17:00 xogase o partido de categoría cadete masculino, entre o BM Ribadosar vs BM Viveiro
  • As 18:30 xogase o Partido de categoría xuvenil masculino, entre o BM Ribadosar Amancio Deportes vs BM Viveiro.
 
Xa sabes, este fin de semana podes ver balonmán en directo en Compostela, dende os mais pequechos ata categoría xuvenil. Agardamoste!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario