Xa chega o Nadal,
e no Balonmán Ribadosar querémonos xuntar todos para celebralo co noso xa
tradicional xantar de nadal.
Sabemos que estas
son unhas datas moi complicadas de horarios para todos, aínda así decidimos ter
estas iniciativas para que tanto os mais pequenos/as coma os mais grandes nos
sintamos parte dun proxecto que esta a medrar amodo pero con cementos sólidos
grazas a todos/as vos.
Deste xeito, tentamos
conseguir que os xogadores e xogadoras de todos os nosos equipos se poidan
relacionar entre si, e crear vínculos e amizades entre todos os membros do club,
de tal xeito que non estean só vinculados co seu equipo. Así cremos que podemos
facer mais CLUB.
O próximo 14 de decembro
vémonos todos no Restaurante Porta Faxeira na rúa do Franco nº 50.
Tes que apuntarte
a través do formulario web antes do 6 de decembro, e moi sinxelo. Non quedes
sen praza.
Pagaráselle a Fernando (secretario) no pavillón Quiroga
Palacios o día 9 de decembro entre as 20:00 e as 21:30.
Ningún comentario:
Publicar un comentario