Comunicado Importante para os socios/as do Club Balonmán Ribadosar
Dende aquí
diríxome a todos os socios/as para comunicar que temos que facer eleccións a
presidencia do club.
Este
proceso conta con varias fases que enumero agora:
·
Ábrese un prazo dende o día 26 de xullo de 2021 ata o 2
de agosto de 2021 para presentacións de candidaturas a presidencia.
o Os requisitos
para poder presentar a candidatura e ser socio do club e estar ao corrente dos
pagos, e ser maior de idade.
o Calquera
que este interesado/a que cumpra estes requisitos pode presentar a candidatura cubrindo
o anexo que podes descargar aquí e envialo por e-mail a ribadosar@gmail.com antes das 20:00 horas
do próximo 2 de agosto de 2021.
·
A partires do 3 de agosto publicarase neste sitio o
listado provisional de candidatos/as.
o Ábrese
un prazo reclamación sobre esta lista dende o día 3 de agosto ata as 20:00
horas do 7 de agosto de 2021. Hai que enviar a reclamación ao e-mail ribadosar@gmail.com.
· O día 9 de agosto publicarase neste sitio o listado definitivo de candidatos/as, así como a data para Asemblea de socios/as para o día 17 de agosto 2021 as 21:30 horas para a votación dos socios de forma telemática.
O Ribadosar precisa de ti, presenta a candidatura!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario