Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 19 de outubro de 2021

Empezan os Infantís!! Horarios partidos

Esta fin de semana empezamos coa categoría Infantil masculina en liga Prata, que se mide ao CP Lucense no Quiroga Palacios o domingo pola mañan.

Os cadetes despois da vitoria clara que tiveron o pasado fin de semana contra un BM Culleredo tócalles esta fin de semana medirse na casa do Galitrans Pontedeume.

Pola súa  banda os xuvenís non puideron co Acanor ATl Novas, un equipo que se mostrou moi superiores aos nosos. Este fin de semana viaxan a Carballo para medirse co Laber Xiria B.

No que respecta o equipo sénior masculino, tivo un partido moi axustado co BM Moaña, acabou a primeira metade con vantaxe de 2 para os nosos. Os nosos non souberon aguantar coa vantaxe que tiñan  e ao final leváronse o partido os de Moaña. Esta fin de semana Tocolles medirse ao  Calmear Rasoeiro que vai primeiro da táboa.

Estate atento as nosas redes sociais nas que proximamente publicaremos links para poder ver os partidos ou para poder asistir en directo.

Apúntate e que non cho contén!!













Ningún comentario:

Publicar un comentario