Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 16 de decembro de 2021

Convocatoria Asemblea ordinaria decembro 21


Convócase Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar a todos os socios/as o martes 28 de decembro de 2021 ás 19:45 h en 1ª convocatoria e ás 20:15 h en 2ª convocatoria a través de videoconferencia.

Para asistir a asemblea hai que apuntarse no seguinte formulario antes do 26 de decembro as 23:00 horas https://forms.gle/5dxQ6ky9Dj2ajmt8A

O día 27 de decembro enviárase un link por email para a conexión así como as instrucións para poder conectarse e poder votar de forma telemática.

Moi importante que asistas como socio/a, para que poidades saber en que situación esta o club do que formas parte tanto ti coma os teus fillos/as.

A mellora do club esta nas túas mans coas decisións que tomemos entre todos.

Traballemos en equipo.

Orde do día:

1. Aprobación da última asemblea ordinaria e extraordinaria.

2. Informe do presidente.

3. Aprobación das contas da tempada 2020-2021.

4. Aprobación do orzamento para a tempada 2021-2022.

5. Rogos e preguntas


Ningún comentario:

Publicar un comentario