Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 3 de maio de 2022

Crónica e horarios de balonmán para o 7 de maio

O equipo sénior acabou a fase con moi bo sabor de boca a pesares de perder contra o Atl Guardes (30-28) na súa casa. Un partido que estivo moi igualado en todo momento facendo unha defensa moi sólida e un ataque mais claro que noutras ocasións. A nota negativa as lesión de Cristián e de Ricardo, desexámoslle unha pronta recuperación.

O Equipo Cadete esta pasada fin de semana empezou a copa xogando en Narón. Despois de un partido moi complicado trouxemos os dous puntos para a casa. Este fin de semana descansa.

Este fin de semana xogamos a terceira xornada de copa co equipo xuvenil no Pavillón do Restollal contra o ED Poio Artai, ultima xornada da fase na que nos xogamos o pase a cuartos de final.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario