Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 19 de maio de 2022

Programación para o 21 e 22 de maio.

Xa estamos próximos a finalizar esta tempada, e aquí vos detallamos a actividade do club para esta fin de sema.

O sábado pola maña equipo cadete xoga o seu derradeiro partido da tempada contra un duro rival como e o Abegondo. Desexamos moita sorte aos nosos despois de unha tempada tan boa como fixeron.

O domingo temos aos nosos benxamíns liados todo o día. Clasificáronse para a fase final da Copa Deputación da Coruña que se disputa en Camariñas. Esta fase xogase durante todo o día, pola maña xogase a fase de grupo e pola tarde as 16:40 horas semifinais Benxamín, as 18:00 3º-4º posto e final benxamín. De 18:45 a 19:00 horas entregas de trofeos e medallas

Os xuvenís tamén se clasificaron para a fase final da Copa Federación e xogan as 18:00 horas en Vigo contra o Reconquista. Partido complicado no que o gañador pasa a semifinal da copa que se celebrara o próximo fin de semana.

Moita sorte a todos!!!








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario