Esta fin de semana comeza a competición para os equipos cadete e infantil. Un fin de semana no que nos toca xogar todo fora da casa. O xuveni xoga en Culleredo, cadete en Coruña (Oar) e o infantil en Carballo.
Moita sorte a todos eles!!
Pinchando no equipo poderás acceder a toda información sobre o equipo en cuestión, calendarios de competición, clasificación así coma o modelo de competición.
A estas altura de
tempada xa estamos chegando ao fin da competición en algunhas categorías.
Aquí vos deixamos
un pequeno resumo.
Os Benxamíns
acabaron competición este pasado sábado 2 de abril no que se enfrontaron ao Oar
Coruña gañando os catro tempos, o que fixo que se colocaran de terceiros na táboa
clasificatoria. Moi boa progresión!!
Os Infantís xogaron
o seu último partido da tempada en Arteixo, no que perderon pola mínima nos últimos
minutos. Para este equipo foi unha tempada moi difícil polas baixas que tivemos
despois de ter todo configurado, pero con traballo e boa vontade van afianzándose
e saíndo as cousas. Parabéns!!
Os Cadetes seguen
coa súa loita entre os seis primeiros da liga Prata Galega, despois de non saír
as cousas contra o Teucro o pasado fin de semana, estamos preparando o partido
para este fin de semana xogar contra o Atlético Bueu o partido que tiñamos aprazado da
primeira xornada desta fase. Moita Forza!!
Os Xuvenís
acabaron a competición xa fai 2 semanas. Equipo con moito mérito despois de afrontar
unha tempada con moitas baixas e
completando o equipo con xogadores cadetes que tiveron que dobrar xornadas. Na segunda
fase acadaron o segundo posto na táboa clasificatoria. Parabéns po lo esforzo e
capacidade de loita que demóstraste durante toda a tempada.
O equipo sénior este fin de semana xogou contra o BM
Loriga segundo clasificado na táboa. Partido difícil no que no minuto 33 puxémonos
a tan so un gol 16-17. Despois de dous lances de partido estivemos con
inferioridade numérica por dúas exclusións o que fixo que o equipo se atascara
un pouco e o Loriga puidera aumentar a diferencia de goles ata o final. Este
fin de semana toca xogar contra o Bm Xallas no Fontela en Santa Comba.
Esta semana
empezamos as competicións xa este mércores con un partido aprazado do equipo
cadete masculino. Así que maña as 19:00 horas no pavillón Quiroga Palacios
podes desfrutar seguro dun bo partido entre o BM Ribadosar vs G. Lemaco Xiria
B.
O resto dos
partidos xóganse o sábado e domingo.
Sábado xogan os infantís no pavillón Quiroga Palacios
as 10:00 contra o Linea 21 a 2ª xornada da liga prata copa bronce grupo D. As 12 os cadetes xogan na
Cañiza a 3ª xornada da liga prata grupo A (1º ao 6º) e as 13 horas os benxamíns
xogan en camariñas a 6ª xornada por concentración contra o Gas Abegondo.
O domingo as 17
horas o equipo senior xoga no Gatañal a
xornada 22 contra o Luceros. Unha semana sen descanso para os nosos. Esperamos
que desfrutedes do balonmán.
Este fin de
semana so xoga na casa o equipo sénior contra o UB Lavadores Vigo B, temos este
partido sábado as 20:00 horas no pavillón do Restollal. Pásate por alí para
darlle folgos ao teu equipo.
Tamén xogan o
sábado os cadetes en Narón e os xuvenís en
Vigo para enfrontarse a UB Lavadores Vigo
O domino os infantís
viaxanCoruña xogar co Liceo la Paz.
Esta fin de semana os Benxamíns descansan.
Este fin de
semana empezan os mais cativos do club. Desta vez tócalles xogar co Camariñas
na concentración que temos en Carballo o sábado pola mañan.
Nas demais categorías xogamos todos os partidos fora da casa. Mantente atento as nosas redes para poder mercar entradas para asistir como público (a cero euros), ou poder ver os partidos a través de streaming.
Desexamos os
mellores éxitos para todos os nosos equipos.