Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 13 de decembro de 2022

Horarios partidos para o derradeiro fin de semana de competición do ano 2022

Xa estamos a finais do ano 2022, e ao BM Ribadosar tócanos xogar os derradeiros partidos deste ano 2022 este fin de semana en varios lugares da provincia.

Os equipos de benxamín e alevín viaxan a xogar a quinta xornada de competición por sistema  de concentración a Abegondo o sábado pola maña.

Tamén o sábado pola maña xogan os equipos infantil e cadete no Quiroga Palacios. estades todos invitados a vir a animar.

Xa o domingo pola tarde tócalle ao equipo xuvenil que desta vez viaxa a Carballo.

Recorda que os socios/as poden viaxar no autobús previa inscrición  ata esgotar as prazas por orde de inscrición. Tope para apuntarse o mércores as 23:00.




Ningún comentario:

Publicar un comentario