Portas abertas
entre 19 de maio e 28 de xuño, torneos en Compostela e Negreira 28 e 31 de maio,
Final Four alevín 5 e proceso asemblear para a renovación da presidencia e
xunta directiva do único clube de balonmán de Santiago de Compostela.
Concluída xa a competición das equipas senior, xuvenil
e cadete masculinas, así como de benxamín mista, a afección do CB Ribadosar
agarda o último partido da temporada na categoría infantil (masculina e
feminina) e, sobretodo, o desempeño dos deportistas alevíns do único clube de
balonmán da capital galega.
A equipa alevín do Ribadosar, invicta até a data,
clasificouse con solvencia no pasado 17 de maio para a Final Four Alevín 5 que terá lugar no día 31 de maio no pavillón da Bombonera, en Redondela.
Por segundo ano consecutivo, os rapaces adestrados por Laura Garabal gañaron
por méritos propios o seu lugar entre a elite do balonmán galego e desputarán
os catro primeiros postos co Arteixo, o Pontedeume e o Viveiro A. Precisamente contra esta última equipa competirá o Ribadosar no primeiro encontro, axendado para 31 de maio ás 10:45h.

Aínda no plano
deportivo, a temporada 2024-2025 significou un avanzo considerábel no
proceso de cohesión e de formación das categorías inferiores do CB Ribadosar. O
magnífico traballo formativo do corpo técnico do clube trouxo consigo tanto o
mellor desempeño do conxunto dos mais de 120 deportistas con ficha activa no
Ribadosar, como a maior visibilidade e recoñecemento externo de varios/as deportistas
do clube. Proba disto último é a convocatoria de Valle López Villar, do BM
Ribadosar-Espina & Delfín para o adestramento coa selección galega infantil
feminina no dia 11 de maio, ou a asistencia á xornada de tecnificación
organizada pola Federación Galega de Balonmán en 18 de maio en Vilagarcia de
Arousa dos deportistas alevíns Teitur Matynka Steinunnarson e Iván Vieites
Marey.
Xornadas de
Portas Abertas (Pavillón Quiroga Palacios, 19-27 de maio de 2025)
Un ano máis, o CB Ribadosar organiza as súas Xornadas de Portas Abertas en maio e
setembro. Nesta ocasión, todas as crianzas que desexen experimentar se o
balonmán é o seu deporte poden xa realizar a súa inscrición através deste formulario
e
adestrar así balonmán de maneira segura e gratuita no Pavillón Municipal Quiroga
Palacios de Conxo (Rúa de Villaldía 33-35, Santiago de Compostela) nas
tardes de 19 a 27 de maio deste ano 2025. Tamén poderán participar así no
Festival do balonmán de Compostela que terá lugar no mesmo pavillón na
tarde de 28 de maio de 18:30h a 21h. As portas do noso clube estarán novamente
abertas durante todo o mes de setembro, todas as tardes despois das 18:30h no
mesmo pavillón.
Toda a información sobre o procedemento de inscrición, a relación
idades-categorías e os horarios dos adestramentos está accesíbel na web https://sites.google.com/site/ribadosar/deportistas > adestramentos).
Encontro das Escolas
Deportivas Municipais
Despois do suceso do I Torneo Triangular Infantil do CB
Ribadosar celebrado no Pavillón Quiroga Palacios o pasado 4 de abril, deportistas benxamíns
e infantís do Ribadosar e das Escolas Deportivas Municipais dos concellos de
Oroso, a Estrada e Negreira encontraranse novamente para desfrutar da práctica
deste deporte, esta vez nas instalacións deportivas municipais de Negreira no
día 31 de maio próximo.
Igualmente, as nenas do CB Ribadosar-Espina &
Delfín que adestran un día por semana en Sigueiro asistirán á Gala do Deporte
do Concello de Oroso no próximo 13 de xuño.
Aberto o proceso
eleitoral do CB Ribadosar
Desde o día 23 de maio é posíbel apresentar candidaturas á presidencia do único clube de balonmán
de Compostela. A renovación da xunta directiva do Ribadosar será efectiva na
Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar no próximo día 20 de xuño, na Casa
das Asociación de Cornes, unha vez concluída a Asemblea Ordinaria de socios e
socias axendada para as 18:30h en segunda convocatoria.
Carregue na imaxe ou nesta ligazón para escoitar a entrevista feita ao presidente do BM Ribadosar no programa radiofónico Ser Deportivos Santiago no día 20 de maio de 2025 (minutos 29-38).
Calendario:
19/05-28/06: Portas Abertas do CB Ribadosar (Pavillón Quiroga Palacios,
18:30h-21h)
23/05: Reunión Aberta para a renovación da Xunta Directiva do CB Ribadosar
(Casa das Asociacións de Cornes, 18:30h-20h)
23/05-30/05: Prazo
de apresentación de candidaturas para a presidencia do CB Ribadosar
24/05: 12h: Infantil feminino: BM RIBADOSAR-ESPINA & DELFÍN vs BM. BRIGANTIUM NUNEGAL (Pavillón Quiroga Palacios)
25/05: 10:30h: Infantil masculino: COLEGIO LICEO LA PAZ vs BM RIBADOSAR (CPR Liceo La Paz, A Coruña)
28/05: Festival Final de Temporada (Pavillón Quiroga Palacios, 18:30h-21h)
31/05: Torneo Escolas Deportivas Municipais CB Ribadosar (Negreira)
31/05: Final Four alevín 5: Club Balonmán Viveiro A vs BM Ribadosar (Pavillón da Bombonera, Redondela, 10:45h)
31/05-05/06: Prazo de apresentación de alegacións á listaxe provisoria de
candidaturas para a presidencia do CB Ribadosar
05/06: Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral
Extraordinaria do CB Ribadosar
13/06: Gala do Deporte do Concello de Oroso
20/05: Celebración das Asembleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria do CB
Ribadosar (Casa das Asociacións de Cornes, 18:30h-20:30h)