Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 5 de xuño de 2025

Convocatoria de Asembleas Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Club Balonmán Ribadosar (C.A. Cornes, 20/06/2025, 18:30h)

 

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar

De acordo o artigo 17 dos seus estatutos, convoco pola presente a todas as persoas asociadas ao Club Balonmán Ribadosar á asemblea xeral ordinaria do clube que terá lugar na Casa das Asociacións de Cornes (Rúa de Manuel Beiras, 3 Cornes, 15706 Santiago de Compostela) o día 20 de xuño de 2025, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

 1.  Aprobación, se proceder, das actas das asembleas anteriores
2.  Informe da presidencia
3.  Aprobación, se proceder, do informe económico da tempada 2024-2025
4.  Aprobación, se proceder, do orzamento previsto para a tempada 2025-2026
5.  Aprobación,  se  proceder,  das  mudanzas  no  Regulamento  de  Rexime  Interno  e Disciplinario do Club Balonmán Ribadosar
6.  Ratificación,  se  proceder,  do  Protocolo  de  Protección  dos  Nenos,  Nenas  e Adolescentes (NNA) fronte a Violencia no Deporte e do nomeamento de Ezequiel Álvarez Castro como Persoa Delegada de Protección de NNA (aprobados pola xunta directiva en 11/04/2025)
7.   Asuntos varios
8.   Rogos e perguntas

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria do Club Balonmán Ribadosar

De  acordo  o  artigo  17  dos  seus  estatutos,  convoco  pola  presente  a  todas  as  persoas asociadas ao Club Balonmán Ribadosar á asemblea xeral extraordinaria do clube que terá lugar na Casa  das  asociacións  de  Cornes  (Rúa  de  Manuel  Beiras,  3  Cornes,  15706 Santiago de Compostela) o día 20 de xuño de 2025, inmediatamente despois de concluída a  asemblea  ordinaria fixada  para  as  18:00  horas  en  primeira  convocatoria  e  ás  18:30 horas en segunda convocatoria. Esta asemblea extraordinaria ten a seguinte orde do día:


1.   Elección da presidencia
2.   Renovación da Xunta Directiva
3.   Rogos e perguntas

En Santiago de Compostela, a 5 de xuño de 2025.


Asdo. Roberto Samatim (Presidente)

 

Terán dereito a voz e voto en ambas as asembleas todas as persoas socias que teñan satisfeito oportunamente a súa cota até a data que figura na convocatoria.

É posíbel descarregar aquí o documento para a delegación de voto en ambas as asembleas.

A documentación para os pontos 5 e 6 é accesíbel en Estatutos e Regulamentos do CB Ribadosar


 

 

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario