Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 22 de marzo de 2022

Axenda de balonmán para esta semana

Esta semana empezamos as competicións xa este mércores con un partido aprazado do equipo cadete masculino. Así que maña as 19:00 horas no pavillón Quiroga Palacios podes desfrutar seguro dun bo partido entre o BM Ribadosar vs G. Lemaco Xiria B.

O resto dos partidos xóganse o sábado e domingo.

Sábado  xogan os infantís no pavillón Quiroga Palacios as 10:00 contra o Linea 21 a 2ª xornada da liga prata  copa bronce grupo D. As 12 os cadetes xogan na Cañiza a 3ª xornada da liga prata grupo A (1º ao 6º) e as 13 horas os benxamíns xogan en camariñas a 6ª xornada por concentración contra o Gas Abegondo.

O domingo as 17 horas  o equipo senior xoga no Gatañal a xornada 22 contra o Luceros. Unha semana sen descanso para os nosos. Esperamos que desfrutedes do balonmán.





Ningún comentario:

Publicar un comentario