Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta FGB. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FGB. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de decembro de 2012

Segundo posto do equipo alevín en Abegondo


O día 26 de decembro participamos no "I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO"




O torneo comezou coa presentación dos equipos e continuou coa celebración dos partidos, moi aplaudidos polo público asistente.
O equipo alevín de Ribadosar tivo unha extraordinaria actuación, clasificándose primeiro de grupo, derrotando a grandes rivais como o CB Xallas e o Xiria A. Noraboa aos nosos xogadores pola súa grande actuación:

Alex (22), Antón (17), Felipe (47), Pedro (45), Ricardo (10), Rodrigo (54), Sergio (49), Teo (30), Xoaquín (62) 

Despois dunha disputadísima final contra CB Pontedeume, acadamos un segundo posto.

Nenos e pais disfrutamos dunha xornada de deporte que finalizou coa entrega dos trofeos.




Moitas grazas a todos os pais que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada.

Dende o Club Balonmán Ribadosar queremos felicitar á organización do Torneo.


mércores, 12 de decembro de 2012

Horarios partidos fin de semana

Este fin de semana comeza a competición das categorías alevín e benxamín, xogamos en Carballo en modo de concentración. O autobús salira do colexio Quiroga Palacios ás 9:00 da mañá e estaremos de volta sobre as 14:10 horas.
Deixámosvos a relación dos partidos que xogamos este fin de semana en todas as categorías, con horarios e mais información no seguinte link.