Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta Alevines. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alevines. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de maio de 2021

Alevín 5 clasificados para xogar a Liga Hummel

O Equipo Alevin 5 do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.

Esta clasificación dálle acceso a xogar a esta fin de semana a a Liga Hummel que se xoga en Narón, no pavillón da Gandara.

Esta fase xogarase o domingo 23, as 11:00 da maña xogase a semifinal contra o Bm Lucus. En función do resultado que se obteña neste partido, xogan polo primeiro/segundo posto as 13:00 horas  ou polo terceiro/ cuarto posto as 12:00.

Estate atento/a as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar

123ArribaRibadosar!!!




mércores, 23 de xaneiro de 2013

Programa para o sábado día 26 e domingo 27.

Cambio Pavillón nas categorias benxamín e Alevín



O equipo cadete xoga en Vigo, os infantís Pontedeume, e os alevíns e benxamíns no pavillón do Colexio Alca en Ames.

Deixámosvos aquí a repartición horaria.

xoves, 27 de decembro de 2012

Segundo posto do equipo alevín en Abegondo


O día 26 de decembro participamos no "I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO"




O torneo comezou coa presentación dos equipos e continuou coa celebración dos partidos, moi aplaudidos polo público asistente.
O equipo alevín de Ribadosar tivo unha extraordinaria actuación, clasificándose primeiro de grupo, derrotando a grandes rivais como o CB Xallas e o Xiria A. Noraboa aos nosos xogadores pola súa grande actuación:

Alex (22), Antón (17), Felipe (47), Pedro (45), Ricardo (10), Rodrigo (54), Sergio (49), Teo (30), Xoaquín (62) 

Despois dunha disputadísima final contra CB Pontedeume, acadamos un segundo posto.

Nenos e pais disfrutamos dunha xornada de deporte que finalizou coa entrega dos trofeos.




Moitas grazas a todos os pais que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada.

Dende o Club Balonmán Ribadosar queremos felicitar á organización do Torneo.


mércores, 12 de decembro de 2012

Horarios partidos fin de semana

Este fin de semana comeza a competición das categorías alevín e benxamín, xogamos en Carballo en modo de concentración. O autobús salira do colexio Quiroga Palacios ás 9:00 da mañá e estaremos de volta sobre as 14:10 horas.
Deixámosvos a relación dos partidos que xogamos este fin de semana en todas as categorías, con horarios e mais información no seguinte link.