Un deporte, unha pasión...
luns, 7 de xaneiro de 2013
Adestramento infantil e cadete
Hoxe día 7 de xaneiro as 18:15 comezan os adestramentos dos equipos Infantil e Cadete no Pavillón Quiroga Palacios.
xoves, 27 de decembro de 2012
Segundo posto do equipo alevín en Abegondo
O día 26 de decembro participamos no "I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO".
O torneo comezou coa presentación dos equipos e continuou coa celebración dos partidos, moi aplaudidos polo público asistente.
O equipo alevín de Ribadosar tivo unha extraordinaria actuación, clasificándose primeiro de grupo, derrotando a grandes rivais como o CB Xallas e o Xiria A. Noraboa aos nosos xogadores pola súa grande actuación:
Alex (22), Antón (17), Felipe (47), Pedro (45), Ricardo (10), Rodrigo (54), Sergio (49), Teo (30), Xoaquín (62)
Despois dunha disputadísima final contra CB Pontedeume, acadamos un segundo posto.
Nenos e pais disfrutamos dunha xornada de deporte que finalizou coa entrega dos trofeos.
Moitas grazas a todos os pais que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada.
Dende o Club Balonmán Ribadosar queremos felicitar á organización do Torneo.
sábado, 22 de decembro de 2012
mércores, 19 de decembro de 2012
martes, 18 de decembro de 2012
Os equipos alevín e Benxamín xogan este sábado día 22 de decembro en Carballo.
Os equipos, cadete e infantil paran a competición ata o fin de semana do 12 de xaneiro.
Mais información:
https://sites.google.com/site/ribadosar/horarios-partidos
Mais información:
https://sites.google.com/site/ribadosar/horarios-partidos
mércores, 12 de decembro de 2012
Horarios partidos fin de semana
Este fin de semana comeza a competición das categorías alevín e benxamín, xogamos en Carballo en modo de concentración. O autobús salira do colexio Quiroga Palacios ás 9:00 da mañá e estaremos de volta sobre as 14:10 horas.
Deixámosvos a relación dos partidos que xogamos este fin de semana en todas as categorías, con horarios e mais información no seguinte link.
Deixámosvos a relación dos partidos que xogamos este fin de semana en todas as categorías, con horarios e mais información no seguinte link.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

