Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 16 de xaneiro de 2018

Horarios fin de semana 20 e 21 de xaneiro




Balonmán o sábado 20 de xaneiro, o equipo benxamín BM Ribadosar Alca vs OAK English Xiria e os tres alevín o BM Ribadosar Alca Épsilon vs BM Camariñas A ; BM Ribadosar Alca Omega vs Telepizza Carballo Xiria; BM Ribadosar.es vs BM Camariñas B, todos eles saen cedo para voltar pronto de Carballo. 

Mentres en Santiago xogan os dous equipos de categoría cadete masculino, o Ribadosar Táboa Asesores contra o Arteixo B. Maruxia Asesores e o Ribadosar Amancio Deportes contra o BM Camariñas.

O Domingo xogan os infantís a primeira hora o masculino BM Ribadosar vs BM Xallas e a continuación o feminino BM Ribadosar vs Punta del Este Xiria.
Moita sorte a todos, e a desfrutar do balonmán. 




Tamén citar que os #hispanos (Selección española de balonmán masculina absoluta) están  a xogar  o europeo que se esta televisando por TDP, así que non temos desculpa para ver balonmán. 




Recordamos a todos os que queiran formarse como adestradores de balonmán que este domingo 21 de xaneiro teñen a oportunidade de comezar  o primeiro curso de Monitor de balonmán nivel 1 que se celebra en Santiago, aínda estades a tempo de apuntarvos. Para mais información sobre ocurso pincha aquí.

Dende a Directiva do Club Balonmán Ribadosar queremos agradecer a colaboración do Colexio Alca, Federación galega de Balonmán, así como a todos os medios de prensa tanto escrita, radiofónica, redes socias que nos apoian nas nosas iniciativas.

Moitas grazas a todos, sen o voso apoio non seria posible este proxecto.

martes, 9 de xaneiro de 2018

Horarios para os días 13 e 14 de xaneiro

Pasamos o nadal e estamos de volta coa competición oficial das distintas categorías. 
Este fin de semana estamos a tope co balonmán en Compostela.

O sábado celebrase en Santiago a xornada 4 da liga provincial de mini balonmán  que desta volta tócalle organizala ao Balonmán Ribadosar. Participan equipos de Carballo, Zas, Camariñas, Arteixo, Muxía e de Santiago de Compostela.

Mentres se celebra esta concentración de mini balonmán o equipo cadete BM Ribadosar Amancio Deportes, desprazase ata Arteixo para seguir loitando por manterse en posicións de xogar a fase de ascenso, nestes intres esta de 2º na táboa a 1 punto do Xiria.

O Domingo xogan os equipos infantís no Pavillón Quiroga Palacios contra os equipos de Culleredo. As 11:00 xoga o equipo masculino e as 12:30 

O Equipo cadete mentres se disputan os partidos de infantís desprázanse a Oleiros para xogar contra o Club Bm Atlántico.

Sorte a todos e pasalo ben....







mércores, 27 de decembro de 2017

Loteria Nadal 2017

Tocou a lotería do Club no Nº 79.244.

Todos os que teñades participacións podedes pasar a cobralas a partires do martes día 2 de xaneiro pola oficina do bbva de Conxo. (Praza da Merced)

Tendes que levar o DNI e as participacións que queiras cobrar, teñen que estar en bo estado.

Parabéns aos gañadores, e moitas grazas pola vosa colaboración

Tes de prazo para  cobrar a lotería dende o 2 de xaneiro ata o 2 de abril de 2018 

martes, 19 de decembro de 2017

Feliz Nadal 2017



Despois do partido dos benxamíns en Camariñas (Sábado 23),

vacacións dende o 23 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición). 


Inícianse  os adestramentos o 8 de xaneiro de 2018 cos horarios habituais.  

luns, 11 de decembro de 2017

Horarios 16 e 17 de decembro

Xa estar a chegar o Nadal e os equipos do BM Ribadosar están a xogar os derradeiros partidos do ano 2017.

Así, o sábado as nosas  xogadoras infantís viaxan a Lugo e imos todos con elas para ver si traemos unha nova victoria.

En infantil masculino descansan e non xogan ata despois das vacacións de Nadal. Pechan o ano con moi boa posición na táboa, o que non quita de seguir traballando para mellorar.


 

O domingo 17 de decembro temos un día completo. Ás 10:00 xogaremos un partido de categoría alevín entre dous dos nosos equipos, para logo seguir durante toda a mañá con dous partidos de categoría cadete masculino. (O detalle no cadro máis abaixo)

Completamos a xornada cun xantar para todos os que formamos a gran familia do balonmán en Santiago, no restaurante O Afiador, na Rúa de San Pedro, ás 15:00.


O próximo 23 de decembro xogaremos en Camariñas o partido de categoría benxamín, aplazado na xornada do pasado día 9.