Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 15 de outubro de 2019

Horarios dos partidos para o sábado 19 de outubro


O sábado 19 de outubro tes unha cita co balonmán en Santiago. Xogamos partidos nos Pavillóns do Quiroga Palacios e no Restollal. Que non cho conten!! Agardámoste.  


mércores, 2 de outubro de 2019

Horarios da primeira xornada de competición


O Sábado 5 de outubro comezamos as competicións de categoría xuvenil masculino, cadete masculino, cadete  feminino e infantil masculino.

s equipos xuvenil masculino, cadete masculino e infantil masculino xogan no  Pavillón do Restollal o sábado pola maña. Esperamos que aflición responda para animar a  os nosos equipos. O cadete  feminino viaxa A Coruña. Desexamos bo inicio e moita sorte para todos.

Tamén queremos adiantar que xa sabemos que as competicións de alevín e benxamín esta previsto comezar o 19 de outubro.

Por ultimo deixamos aquí como quedan os horarios deste fin de semana.




venres, 27 de setembro de 2019

Empezamos competición. Horarios.

Esta semana xa empezamos coas competicións  en varias categorías.
Aínda estamos pendentes de algúns calendarios, pero xa temos que contar que o sábado 5 e o domingo 6 de outubro temos algún partido. En breve vos faremos chegar os calendarios e horas.

Tamén vos deixamos o calendario de adestramentos de todas as categorías.
As horas de adestramento para a semana do 30 ao 6 serán as mesmas que ata o de agora.



A partires da semana do 7 ao 12 de outubro reducirase os tempos dos adestramentos dos venres en categorías Infantil, Cadete e xuvenil  Masculino, quedando así ata final de mes.


A partires de novembro  o horario definitivo  será este:



martes, 24 de setembro de 2019

Festa do Deporte en #Compostela


Vémonos todos na @festadodeporte

🕐Anota os horarios da #FestadoDeporte19 
na túa axenda👇
📌Domingo 29 de setembro 👉 de 11,00 a 14,30 horas.
📌Luns 30 de setembro 👉 de 10,30 a 14,00 horas. *Este día só para escolares.

https://t.co/c1yJWsrV8b?amp=1

Fotos de edicions anteriores



luns, 16 de setembro de 2019

Portas abertas balonmán

Seguimos de portas abertas unha semana mais, para todos/as os que queiran vir a probar o balonmán.
Esperámoste no Pavillón Quiroga Palacios cos seguintes horarios.


Cubre este formulario e poñémonos en contacto contigo. 



sábado, 7 de setembro de 2019

Inicio das xornadas de portas abertas de Balonmán

Esta semana comezamos coas xornadas de portas abertas de Balonmán no Ribadosar.

Dende o balonmán Ribadosar invitamos a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 a 15 anos a probar o balonmán  nos nosos adestramentos.




Cubre este formulario e poñémonos en contacto contigo. Formulario




Estamos no Pavillón Quiroga Palacios
nos seguintes horarios.