Xa estan publicados os horarios da fin de semana. O sábado faremos unha xornada en colaboración co Balonmán Alca Conxo nas súas instalacións das categorias benxamin e alevín. O domingo os infantís viaxarán a pontedeume e os cadetes reciben na casa o Novas.
O día 9 de novembro dará comezo a competición de benxamín e alevín. Como xa sabedes este ano a Xunta de Galicia non subvenciona o transporte para estas categorías tendo que asumila os pais. A competición vaise desenvolver ao igual que anos anteriores en modo de concentración os sábados pola mañá coa diferenza de que este ano será cada 15 días (xogariamos un sábado si e outro non) As posibles sedes para as concentracións poden ser: Santiago, Teo, Ames, Carballo, Santa Comba e Camariñas. Cando dicimos posibles sedes é porque a día de hoxe, están aínda sen confirmar. Calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto connosco polos medios que xa coñecedes. Cando teñamos os calendarios definitivos publicamolos na web.