Un deporte, unha pasión...
xoves, 29 de outubro de 2015
Horarios fin de semana
Este sábado os xuvenís viaxan a Poio, partido en principio moi igualado. Os infantís este fin de semana descansan, siguen de primeiros de grupo despois de derrotar ao BM Pontedeume o pasado fin de semana. Os equipos Benxamín e Alevín empezan competición o próximo fin de semana sábado 7 de novembro, en breve comunicaremos horarios e sede. Mais info Horarios.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
luns, 19 de outubro de 2015
Horarios fin de semana
Xa estan postos os horarios da competición para o fin de semana. Vente ao Balonmán entrada gratuita!!!!!
mércores, 14 de outubro de 2015
Comeza a liga Infantil
Este fin de semana comeza a competición infantil masculina, vamos a Viveiro os equipos infantil e xuvenil, a por todas!!!. Recordade apuntarse para o bus. Mais info.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
venres, 9 de outubro de 2015
Felicitacións para Gregorio Vendrell (Presidente Fundador do Ribadosar)
Desde aquí queremos mandarlle ao noso presidente fundador (Gregorio Vendrell) nosas felicitacións e o noso apoio na nova etapa que vai desempeñar na Delegación de Palencia de Balonmán.
Foi nomeado director técnico da delegación palentina onde esperamos que co seu bo facer recollan moitos éxitos. Unha aperta.

gregorio
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
xoves, 8 de outubro de 2015
GRACIAS!!!
Aprovechar este medio para hacer llegar a todos los voluntarios, instituciones colaboradoras, organizadoras, espectadores, centros educativos nuestro agradecimiento por su colaboración. Fue un gran día, después de mucho esfuerzo entre todos se pudo conseguir que todo saliese más o menos como se tenía previsto.
Fue una suerte poder disfrutar todos juntos de este espectáculo único hasta la fecha en Santiago.
GRACIAS!!!!

#guerreras,
España - Austria
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
TRIUNFO DAS #GUERREIRAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR CON MÁIS DE TRES MIL PERSOAS NAS GRADAS
Vitoria de España sobre Austria (25:15) no partido co que se iniciou a fase de clasificación para o Campionato de Europa 2016. No Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, que presentou un especular ambiente nas bancadas con máis de tres mil persoas, as Guerreiras mostráronse moi superiores e controlaron de principio a fin o choque con diferenzas notables. Tras este triunfo, o vindeiro domingo as Guerreiras xogarán en Bulgaria o seu segundo compromiso da fase de clasificación.
Moi firmes saltaron á pista as españolas, con Silvia Navarro marcando o territorio desde o inicio e aproveitando os dous primeiros goles de Marta Mangué e Carmen Martín para comezar mandando (2:0 min. 3). A pesar da súa desvantaxe inicial, Austria recompúxose ante os seguintes ataques españois que pecaban de buscar en exceso a zona central, pero a igualdade no electrónico foi máis que efémera. Dous contraataques consecutivos elevaron a tres a diferenza e obrigaron ao técnico austriaco a solicitar o seu primeiro tempo morto do partido (5:2 min. 9).
As instrucións desde o banco austriaco non serviron de revulsivo no seu conxunto, que non paraba de acumular perdas de balón ante un firme 6:0 español no que Patricia Elorza e María Núñez brillaban con luz propia mentres crecía a distancia no marcador (8:2 min. 15).Tras as primeiras rotacións nas locais, chegou a primeira inferioridade pola exclusión de Patricia Elorza. Exclusión que non acusou o equipo español, capaz de manter, da man dunha incisiva Nely Carla Alberto, os sete de diferenza sen excesiva dificultade.
Os minutos de menor nivel chegaron para España na recta final do primeiros trinta minutos. Custou moito facer gol e Austria armouse de maior paciencia para finalizar a través do seu extremo dereito Grausenburguer. Pese ao pequeno bajón, un contraataque materializado por Marta López e outro máis de Haridian Rodríguez, provocando un sete metros sobre a bucina, serviron para deixalo todo como estaba ao chegar ao descanso (13:6 descanso).
A falta de ideas en ataque coa que saltaron as rapazas de Dueñas tralo descanso provocou a reacción austriaca e o tempo morto de Donas (14:9 min. 35) que serviu para reactivar ás súas. Alexandrina Barbosa, algo desacertada na primeira metade, asumiu a responsabilidade e protagonizou o parcial de 3:0 que devolvía a tranquilidade (17:9 min. 37).
As saídas de Carmen Martín, en principio cunha contusión, e de Lara González, co ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito afectado segundo a primeira exploración en pista, arrefriaron o ánimo das españolas. As dúbidas volveron ao ataque, pero a gran intensidade atrás serviu para manter estables as diferenzas e entrar na recta final do partido sen apreturas (20:14 min. 53).
A brillantez dos últimos compases da man dos extremos e as intervencións de Zoqbi baixo paus permitiron redondear o triunfo e deixar a diferenza final na máxima do partido, +10 (25:15 final).
ESPAÑA 25 (13+12): Navarro, Zoqbi de Paula, López (5), Martín (3), Núñez (2), Alberto (3), Fernández, Mangué (5), Pinedo (2), Pena (1), González, Elorza (2), Egozkue, Rodríguez, Cabral (2).
AUSTRIA 15 (6+9): Blazek, Herrmann, Kaiser (1), Frey (1), Goricanec (2), Bauer (1), Logvin, Stanic, Dedic (1), Kovacs, Grausenburger (3), Engel (5), Budecevic, Huber (1), Rath, Ivancok.
ÁRBITROS: Leandersson y Lindroos (Finlandia). Excluyeron a Kaiser y Dedic por Austria y a Nerea Pena y Patricia Elorza por España.
INCIDENCIAS: Pabellón Fontes do Sar de Santiago de Compostela. 3.400 espectadores.

mércores, 7 de outubro de 2015
España - Austria Clasificatorio Campeonato de Europa 2016
Dende o Ribadosar animámosvos a que veñades a ver un espectáculo de Balonmán do mais alto nivel que dispoñemos hoxe na nosa cidade (Capital de Galicia). Esperámosvos no Fontes do Sar hoxe as 20:45
Para os que non poidades asistir tendes a oportunidade de velo a través da canle nacional TDP en directo.
Tamén o podedes ver por internet en directo.
Tedes un link en www.ribadosar.es

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)