O Sábado 29 de abril disputáronse varios partidos en categoría alevín en Carballo, esta claro que non foi un sábado de resultados para o noso club impoñéndose en todos os partidos os equipos do Xiria e do Camariñas, e para mais dous dos nosos xogadores lesionados. Parabéns aos xogadores do Xiria e do Camariñas.
Semifinal Copa Federación Cadete
En Categoría Cadete tampouco foi o noso día a pesares de gañar ao BM Moaña (34 – 28), nun partido moi igualado.
Este era o partido de volta da semifinal da copa federación, despois de perder de 9 o partido que disputamos en Moaña, o noso equipo cadete en ningún momento tirou a toalla dando exemplo dun gran equipo expóndolle cara o primeiro clasificado do outro grupo, chegando a poñer o marcador a 8 de diferenza a favor do Ribadosar, con tan so 2 goles para facerse coa eliminatoria. Acabando o partido gañando de 6 tantos non foi posible pasar a final. Parabéns para o Moaña.
3º Clasificado na Copa Federación cadete 2016/17
Bm Ribadosar BM Maoaña despois do partido en Santiago
Aquí podes ver o vídeo do partido en Santiago
Planificación próxima xornada
O sábado temos a derradeira concentración de minibalonmán de liga oficial zona oeste en Santiago, no pavillón Quiroga Palacios. Veñen a xogar os equipos do Balonmán Xiria e Zas tanto en benxamín coma en alevín.
Comezaremos as 10:00 xogando simultaneamente en dúas pistas para acabar a xornada a iso das 14:00 horas, despois de disputar un total de 9 partidos.
O Domingo as 10:00 xogan os infantís na pista do Quiroga Palacios contra o BM Artabro, así que xa sabedes, si queredes ver balonmán este fin de semana, non tedes desculpa, sábado toda a maña e o domingo a primeira hora, para logo celebrar o día da nai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario