O sábado 6 de maio celebrouse en Santiago a derradeira xornada de mini balonmán do grupo oeste da provincia de A Coruña.
Estivo a Pavillón Quiroga Palacios a pleno rendemento dende as 9:00 da maña montando as pistas, ata as 14:00 horas que se acabou de recoller todo. Os partidos comezaron as 10:00 con encontros cada 45 minutos en dobre pista e acabou o ultimo as 13:40.
Queremos agradecer a todos os que fan posible que estas xornadas se poidan levar a cabo ( Concello de Santiago, Voluntarios do Ribadosar, Xogadores de Categorías Cadete e infantil, que votan unha man cos arbitraxes e coas mesas dunha maneira desinteresada). Un evento de estas características necesita moitas pequenas cousiñas, que sen elas o resultado non seria o mesmo de ningunha maneira.
Tamén queremos agradecer o bo comportamento de todos os seareiros do balonmán, mostrando un comportamento exemplar en todas as xornadas da tempada xogadas en Santiago. Pincha na foto par a ver o albún.
Pola tarde viaxamos a Lugo a xogar un triangular, contra o Lucus e o Auseva de Oviedo, este ultimo esta preparando o Campionato de España cadete. Xogamos contra uns equipos de bo nivel, onde puxemos a proba a David como porteiro Cadete, facendo unha actuación moi boa. Noraboa a o equipo cadete polo nivel mostrado.
O Domingo, o equipo Infantil xogou as 10:00 no Quiroga, non pudendo superar a un Artabro que se fixo cunha diferenza no marcador e soubo aguantar ata o final do partido.
Para as próximas xornadas viaxamos co equipo infantil a xogar a copa e co cadete partidos amigables nas mesmas localidades, o domingo 14 toca Culleredo e o mércores 17 de maio a viveiro. A dalo todo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario