Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 10 de abril de 2018

Horarios para o 14 e 15 de abril

Crónica.

A xornada de mini-balonmán do pasado sábado celebrada en Santiago no Pavillón Quiroga Palacios foi un auténtico éxito. Os mais pequenos desfrutaron xogando ao mini-balonmán durante toda a mañan. Participaron equipos de distintas localidades da provincia de A Coruña, Camariñas, Arteixo, Carballo, Zas e de Santiago, cerca de 200 nenas e nenos. Gracias a colaboración de adestradores pais e directivos  a organización foi un éxito. Moitas grazas a todos 

Resultados Mini 
Esta fin de semana os alevíns e benxamíns descansan.

En Categoría Cadete o Ribadosar Amancio Deportes non puido con BM Tui. O Ribadosar faltoulle ritmo de partido no comezo deste, meténdolle o Tui un parcial 3:0. Co cambio defensivo púxose o Ribadosar por diante no marcador pero non foi suficiente. 
Ca lesión de Felipe o equipo resentiuse baixando moito o ritmo en defensa e con poucas ideas en ataque. Este partido embaza un pouco todo o bo traballo que veu facendo o equipo ata o de agora. 
Con este resultado a colócanse na táboa clasificatoria en 4º posto de Galicia. 
Agora toca centrarse na Copa Federación  Grupo Titulo que se xoga entre os mesmo equipos a unha soa volta. Moita sorte e a por todas.

Tamén en Cadete, o Ribadosar Táboa Asesores xogou no Pavillón Quiroga Palacios contra o Bm Narón. Un inicio de partido moi parado con moitos erros por parte dos dous equipos, pero que segundo foi pasando o tempo colleron forza. Partido moi igualado ata os últimos minutos nos que ao final o marcador decantouse polo Ribadosar. Este fin de semana descansa.

Horarios para o próximo fin de semana.



Ningún comentario:

Publicar un comentario