Non queremos que ningún neno/a deixe de xogar ao balonmán porque non o coñeza.
Para iso fixemos un programa en colaboración cos profesores de Educación Física de distintos centros educativos da comarca de Santiago. O programa consiste en darlles varias sesións de iniciación ao balonmán nas clases de educación física a os nenos/as.
Con esta iniciativa o que buscamos e que os nenos e nenas que cursan dende 3º ata 6º de infantil coñezan o balonmán sen desprazarse do seu colexio.
Ademáis de poder practicar o balonmán na clase de E.F., todos os nenos/as teñen a opción a vir a probar un adestramento totalmente de balde cos equipos que adestramos no Pavillón Quiroga Palacios.
Se queres participar nun adestramento con un equipo do Balonmán Ribadosar so tes que pinchar aquí e deixar os teus datos. Poñerémonos en contacto contigo para concretar día e hora.
Si eres responsable dun centro educativo, mestre de Educación Física ou sinxelamente un apaixonado do balonmán e queres que os teus alumnos coñezan mellor este deporte, podémosche axudar. Ponte en contacto con nos a través do e-mail ribadosar@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario