Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 29 de decembro de 2019

Representante do BM Ribadosar no campionato de España de seleccións

No Balonmán Ribadosar estamos de noraboa. Chamaron de novo para a Selección Galega Infantil Feminina  a nosa xogadora Lidia Sanda.

Nesta ocasión Lidia foi convocada para defender a Galicia no campionato de España de seleccións autonómicas "CESA 2020", que se celebra en Cantabria dende o 2 ao 7 de xaneiro.

Estamos moi orgullosos de tela como representantes do Ribadosar nesta selección. Esperamos que lle saia todo moi ben e que desfrute desta oportunidade.

Mais información para seguir o campionato aquí

Noraboa Campioa!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario