Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 5 de decembro de 2019

II Torneo Balonmán Santiago de Compostela





O Balonmán Ribadosar organiza o “II Torneo de Balonmán Santiago de Compostela”,  que se vai a celebrar o vindeiro sábado 14 de decembro as 10:00 horas no pavillón Quiroga Palacios.

Este torneo esta destinado aos mais cativos/as da casa, cos que faremos 4 equipos Alevín e 4 benxamín.

Os xogadores/as teñen que estar no Pavillón Quiroga Palacios as 9:30 para a asignación de equipos, viran con zapatillas de xogo, pantalón corto e camiseta branca. Alí asignaránselle os petos para facer os equipos.

Categoría Alevín
Categoría Benxamín
Equipo Amarelo
Equipo Negro
Equipo Laranxa
Equipo Azul
Equipo Amarelo
Equipo Negro
Equipo Laranxa
Equipo Azul








Horas
Alevín (Pista2)
Benxamín (Pista1)
10:00 - 10:10
Amarelo vs Negro
Amarelo vs Negro
10:15 - 10:25
Laranxa vs Azul
Laranxa vs Azul
10:30 - 10:40
Amarelo vs Laranxa
Amarelo vs Laranxa
10:45 - 10:55
Negro vs Azul
Negro vs Azul
11:00 - 11:10
Amarelo vs Azul
Amarelo vs Azul
11:15 - 11:25
Laranxa vs Negro
Laranxa vs Negro









Os partidos:
  • Xogaranse e dúas pistas simultaneamente Alevín e Benxamín .
  • Terán unha duración de 10 minutos sen descanso para que así os nenos/as pasen o menor tempo posible sen xogar.
  • Haberá 5 minutos entre partido e partido podendo empezar antes si sobra tempo co fin de non acabar moi tarde.
  • Permítese facer cambios de xogadores.
  • Aplicarase a normativa de min balonmán.


A finalización do torneo (11:30)  faremos unha foto de familia con todos os xogadores e asistentes para quedarnos con un recordo deste día.


Temos mais actividade programada para este día:

  • 12:20  partido da categoría cadete feminino 2ª Division Galega entre os equipos BM Ribadosar vs Linea 21 Pluralia.
  • Pendentes aínda da hora o equipo Infantil Masculino de 2ª división viaxa nesta ocasión a Culleredo.
  • 14:30 Xantar de nadal  no Restaurante porta Faxeira

Esperamos que todos os compoñentes do Balonmán Ribadosar ao igual que os seareiros desfruten moito desta xornada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario