Dende o 12 de marzo a nosa sociedade esta a vivir unha situación moi complicada pola COViD-19.
Temos que adaptar
todas as nosas tarefas con cambios sen moita marxe de manobra. Isto supón moito desgaste físico e emocional a todos
nos.
Por iso quero
agradecer as Familias toda a
confianza que están a depositar no noso traballo. E un traballo voluntario pero
que o tomamos coa máxima profesionalidade formándonos nos distintos escenarios
que nos toca vivir para cometer os menos erros posibles.
Tamén como non agradecer
a Federación Galega de Balonmán todo
o traballo e esforzo que esta a facer. Sabemos que esta situación que estamos a
vivir provoca un desgaste persoal moi grande, eles e elas seguen adaptándose
aos escenarios tan cambiantes que temos todos os días, Preparando protocolos, adaptando
competicións, estudios de máscaras, e un longo etc.
Tamén agradecementos
para Departamento de Deportes de
Santiago por tanta paciencia con nos, a Prensa por darnos difusión ao balonmán, e as distintas Persoas que colaboran desinteresadamente
con nos.
Entre todos estades
facendo un gran traballo polos nenos e nenas que lles gusta o balonmán na Comarca
de Santiago.
Moitos ánimos!!
Unidos podemos facer
cousas Grandes
MOITAS GRAZAS!!
Ricardo Vázquez
Presidente BM Ribadosar
Ningún comentario:
Publicar un comentario