Chegou o momento tan esperado, o sábado 31 de outubro despois de varios aprazamentos a causa da COVID-19 parece que podemos empezar a competición en 2ª autonómica co noso equipo sénior.
Un equipo novo, que
comeza con moita ilusión a pesar da situación que estamos a vivir. Este equipo
esta formado por xogadores que saen da canteira e xogadores novos que están a facer
a súa vida nestes intres en Compostela. Dende aquí damos a benvida aos todos
eles, esperamos facer unha moi boa tempada a pesares de todas as restricións
que estamos a ter.
Podes coñecer aos xogadores do equipo sénior tempada 20/21 pinchando aquí e logo en plantilla.
O sábado xogamos en
Santa Comba co BM Xallas un equipo tamén novo pero con experiencia xa dunhas
tempadas na categoría. Desexamos bo debut para os nosos.
1.
Utilización
da máscara. Os xogadores, técnicos utilizarán unha específica aprobada en asemblea
da federación. O público en caso de permitirse (depende de cada concello) tamén
debe dispoñer de máscara de protección neste caso igual que na rúa
2.
Xogaremos
os partidos de ida e volta nun período de 15 días para minimizar os riscos la
COVID-19
3.
Temos
que ter un listado de todos os asistentes, para elo teñen que inscribirse antes dos mércores no seguinte Formulario e asistir logo co seu DNI e mostralo no acceso a instalación/autobús
4.
Tomaráselle
a temperatura a todos os asistentes (xogadores, técnicos, publico, etc) ten que
ser inferior a 37,5º C para poder asistir, tanto no autobús coma na entrada da instalación.
5.
Desinfección
de mans tal e como indican o protocolo.
6.
O
público ten que estar na grada, sentado, gardando a distancia de seguridade
(incluso con convívente) e con mascara en todo momento. Se non se cumpre este requisito
será expulsado da instalación. O aforo esta limitado dependendo da instalación.
No que respecta
as demais categorías aprazouse o seu inicio. Estase a estudar un novo modelo de
competición que se aprobara estes días. Manterémosvos informados das novas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario