Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 7 de abril de 2021

Inicio de Competición Alevín 5, horarios partidos.

Inicio competición Alevín 5

Esta fin de semana empezan as competición os alevíns. Van a xogar un total de 10 xornadas en formato de concentración en 5 sedes distintas, esta fin de semana tócanos ir a Lugo. Xogaremos alí a xornada 1 e 2.

Os equipos das demais categorías.

Sénior Masculino descansa, o xuvenil masculino viaxa a Vigo o sábado pola tarde, cadete masculino e feminino viaxan a Lugo o sábado pola maña, ademais o cadete masculino dobra xornada e o domingo xoga na casa contra o Viveiro e os infantís xogan na casa contra o Oar Coruña o Domingo a primeira hora.

Público nos partidos

Polo de agora en Santiago non nos permiten público, en algúns concellos aos que imos xogar si permiten un aforo moi reducido. Dende o BM Ribadosar desaconsellamos viaxar como publico a ningunha instalación polo de agora.

Estate atento as nosas redes sociais, na medida no posible intentaremos retransmitir os partidos en directo.

Moita  sorte a todos/as e a desfrutar do balonmán con #sentidiño, non nos relaxemos coas medidas anti-COVID.


Entra Aquí para poder ver este cadro cos links aos pavillóns, e horarios de saída dos autobuses






Ningún comentario:

Publicar un comentario