Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 27 de abril de 2021

Mini Balonmán en Santiago e mais...




Este fin de semana temos moito balonmán, o sábado pola maña organizamos a concentración de Alevin5 no pavillón Santa Isabel. A este evento asisten equipos de Narón, Santa Comba, Arteixo, Lugo e Santiago. Os partidos empezaran as 10:15 e acabaremos sobre as 13:00 horas.

Na maña do sábado os cadetes tomaran rumbo para xogar en Narón, partido moi importante xa que estamos empatados a 8 puntos catro equipos para optar ao 2º posto da táboa.

O Domingo xogan na casa as nosas cadetes femininas o derradeiro partido desta fase. A pesares das baixas que tivo esta tempada o equipo por distintas lesións están clasificadas no 2º posto empatadas a puntos co primeiro, iso si con un partido mais. Moi voa tempada.

Os xuvenís nesta ocasión tamén viaxan este domingo a Redondela. Este equipo tamén se resentiu moito polas lesións, moito mérito loitando coa plántalla moi tocada.

E como non iamos a facer mención do equipo sénior, equipo de nova creación con xogadores que saíron da canteira e outros que se uniron para formar parte do Ribadosar.

Gran tempada a pesares de todas as dificultades que tivemos coas poucas horas de adestramento, adestrando sen resina, asistindo aos primeiros partidos sen coñecerse os xogadores por adestrar en dous grupos de adestramento (polas medidas covid19) etc. E con todo iso o pasado fin de semana perdemos un partido de 3 goles que de gañalo podiamos meternos na final four polo ascenso a 1ª autonómica. Noraboa!!

Tamén  recordar dende aquí e darlles moita forza e ánimos e unha pronta recuperación a todolos/as xogadores/as lesionados/as esta tempada.

Jorge, Bruno, Dani, Lidia, Sabela, Noela, Carla    

Ningún comentario:

Publicar un comentario