Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 5 de maio de 2021

Programación para o fin de semana do 7/9 de maio

Este fin de semana os cadetes xogan este venres pola tarde o partido aprazado en Arteixo, e o domingo co BM Lucus no Quiroga Palacios. Moi importantes puntuar nestes dous partidos, xa  nos xogamos pasar a eliminatoria pola Final Four. Pasan os 4 primeiros de cada grupo.

Os infantís e os alevíns xogan  o domingo en Lugo a derradeiras xornada desta fase. Cos infantís empezamos esta tempada moi resentidos polas baixas de xogadores, pero agora a final de tempada co apoio dos alevíns están a progresar moito. Os alevíns rodáronse moito en categoría infantil e veulles ben a hora de competir na súa categoría, a falta de dúas xornadas seguen no segundo posto. 

Os equipos sénior e xuvenil masculino xa acabaron as súas fases para esta tempada. O equipo senior tivo unha segunda fase con unha progresión moi boa sempre dando un pouco mais. O ultimo partido contra o Carnes do Ribeiro  perdeuse de 3 goles levándonos na táboa clasificatoria do 1º posto ao 3º empatados co 2º a puntos. De gañar este partido pasariamos a xogar a Final Four.

O Equipo xuvenil este ano estivo moi tocado polas lesións, o que imposibilitou ao equipo loitar por estar ai arriba. Moitos ánimos para todos os lesionados e pronta recuperación.

O Equipo cadete feminino a falta dunha xornada para acabar a liga de prata seguen clasificadas no segundo posto, e clasificadas xa para xogar a Final Four. Esperemos que as lesións non nos impidan participar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario