Neste mes de setembro abrimos as portas para que poidas probar como e un adestramento de balonmán,
Vas
ter a ocasión de adestrar con xogadores que xa están dende outras tempadas. Así
ademais de ver se che gusta o Balonmán tamén poderás ver o ambiente que se
respira.
Anímate
esperámoste!!!
Que teño que facer para poder asistir:
- Inscribirse aquí
- Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
- Roupa e calzado deportiva
- Vir cunha mochila na que tes que traer.
- Un calzado deportivo para cambiar no pavillón, que non veña da rúa
- Botella de auga co teu nome
- Unha toalla pequena
- E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,
Se tes mais de 14 anos podes inscribirte, poñeremosnos en contacto contigo para explicarche as condicions.
Agardamoste,
Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.
Ningún comentario:
Publicar un comentario