Despois do éxito das portas abertas no mes de setembro, queremos darlle ocasión a que proven os que aínda non se decataron que en Compostela temos balonmán.
Así que este mes de outubro tamén temos portas abertas. Isto significa que te vas a meter de cheo nos adestramentos dos equipos que xa temos conformados e podes ata formar parte de eles.
Agardámoste!!
Que teño que facer para poder asistir:
- Inscribirse aquí
- Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
- Roupa e calzado deportiva
- Vir cunha mochila na que tes que traer.
- Un calzado deportivo para cambiar no pavillón, que non veña da rúa
- Botella de auga co teu nome
- Unha toalla pequena
- E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,
Se tes mais de 14 anos podes inscribirte, poñeremosnos en contacto contigo para explicarche as condicions.
Agardamoste,
Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.
Ningún comentario:
Publicar un comentario