Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

venres, 6 de decembro de 2024

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do CB Ribadosar

 


CONVOCATORIA

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUB BALONMÁN RIBADOSAR

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias do Club Balonmán Ribadosar para quinta feira (xoves) 19 de decembro de 2024 ás 19:15 h en primeira convocatoria e ás 19:45 h en segunda convocatoria na Biblioteca da Casa das Asociacións de Cornes, localizada na rúa de Manuel Beiras, nº3, 15706, Cornes, Santiago de Compostela.

Poden asistir socios e socias ao corrente de pagamento na data en que é asinada a presente convocatoria. Identificación requerida por medio do carné de persoa asociada ao CB Ribadosar ou de Documento de Identidade en vigor.

Orde do día:

1.     Informe da presidencia

2.     Aprobación das contas da tempada 2023-2024

3.     Aprobación do orzamento para a tempada 2024-2025

4.     Renovación Xunta Directiva en xuño de 2025.

5.     Asuntos varios.

6.     Rogos e preguntas

En Santiago de Compostela, a 6 de decembro de 2024.

 

Asdo. Roberto Samartim

(Presidente)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario