Perante os graves feitos acontecidos o pasado sábado 14 de decembro en Sanxenxo, durante o partido da categoría cadete feminina xogado entre o Sanxenxo Balonmán e o Rasoeiro, o Club Balonmán Ribadosar quere mostrar a sua repulsa máis firme a esta e a calquera otra forma de violencia no deporte, así como a súa total solidariedade e apoio tanto aos dous clubes envolvidos como á familia e amizades da vítima da agresión.
Para alén de acompañar a decisión anunciada hoxe pola Federación Galega de Balonmán e desputar todos os partidos da competición a porta fechada até 18 de xaneiro de 2025, no Ribadosar pararemos os adestramentos de hoxe, día 17 de decembro, ás 20:30h, para gardar un minuto de silencio e acompañar así a concentración que terá lugar nesa mesma hora no concello do Grove. Por seu lado, o Torneo Triangular entre as escolas de balonmán de Santiago, a Estrada e Negreira previsto para a tarde de 20 de decembro fica suspendido até novo aviso.
Reafirmamos o compromiso do noso clube co traballo pola base, para que os pavillóns sexan espazos seguros para toda a xente, de alegría e aprendizaxe compartilladas; ningunha violencia fai sentido nen ten cabimento no balonmán. Así non.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024.
Ningún comentario:
Publicar un comentario