A estas alturas da tempada temos o equipo xuvenil que xa acabou a competición, acadando na segunda fase da competición o segundo posto por detrás do UBM Lavadores Vigo, parabéns. Agora toca seguir adestrando ata finais de maio.
O equipo sénior
xogou contra un BM Luceros con moitas baixas na primeira liña o que fixo que o
equipo se resentira e nos levara a perder o partido. Próxima xornada partido no
Restollal contra o Proquideza Loriga,
partido difícil contra o segundo clasificado.
Os cadetes viaxaron
a Cañiza con baixas importantes que fixo que se resentira un pouco o equipo e que o Xestaservi BM Cañiza soubo aproveitar
para facerse co marcador. A próxima xornada xogamos no Quiroga Palacios contra
o Teucro, segundo clasificado.
Os infantís
perderon na casa contra o BM Linea 21 por falta de ritmo en ataque e moitos
fallos defensivos. Na próxima xornada viaxamos a Arteixo a disputar o ultimo
partido da tempada.
Os benxamíns xogaron
en Camariñas. Viaxamos co numero mínimo de xogadores. A pesares de que xogaron
moi ben o BM Abegondo gañou os catro tempos. Este fin de semana organizamos a xornada 7 de minibalonmán en Santiago no Pavillón Quiroga Palacios. Xoganse os partidos a unha sola pista.
Programación para o fin de semana
Ningún comentario:
Publicar un comentario