Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com
Amosando publicacións coa etiqueta Escolas deportivas Ribadosar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escolas deportivas Ribadosar. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de setembro de 2014

Comezo escolas deportivas no colexio Quiroga Palacios e no López Ferrerio

Un curso máis dan comezo as escolas deportivas de balonmán nos colexios de Santiago. Todos os centros que estén interesados neste deporte que contaten con nós no correo ribadosar@gmail.com

O venres día 19 de setembro comeza a actividade de Balonmán no Colexio Quiroga Palacios en horario de 16:00 a 18:00 horas.

O Venres día 26 de setembro comeza a actividade de Balonman no Colexio López Ferreiro en Horario de 16:30 a 18:00 horas.

 O  mes de setembro vai a ser gratuito para todos aqueles nenos e nenas  que queiran vir a probar.


Animadevos!!!



martes, 19 de febreiro de 2013

Mañá de balonmán en Santiago!!!!

Este sábado día 23 de febreiro temos unha mañá de balonmán en Santiago, cos mais pequenos temos partidos no pavillón de Santa Isabel dende as 10:00 ata as 12:30, por outro lado si queremos ver os cadetes e infantiles podémolo facer no pavillón de Pontepedriña. Animarvos a vir a animar os vosos equipos . 


xoves, 14 de febreiro de 2013

LOITO NO BALONMÁN GALEGO POLO PASAMENTO DO XOGADOR DO VIVEIRO ALEJANDRO LÓPEZ


O presidente do Club Balonmán Ribadosar, Gregorio Vendrell e a  xunta directiva, unense a dor de familiares e amigos, transmitindolles o pésame e mostrando o seu cariño nestes difíciles momentos. 

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Partidos fin de semana, 2 e 3 de febreiro

Este sábado día 2 de febreiro xogan en Carballo os equipos Benxamín e a Alevín, saieremos as 8:45 dende o Colexio Quiroga Palacios, estaremos de volta sobre as 14:20 horas. Por outro lado os Infantiles e Cadetes xogan o domingo día 3 as 11:00 e as 12:30 respectivamente no pavillón Quiroga Palacios. Horarios

mércores, 23 de xaneiro de 2013

Programa para o sábado día 26 e domingo 27.

Cambio Pavillón nas categorias benxamín e Alevín



O equipo cadete xoga en Vigo, os infantís Pontedeume, e os alevíns e benxamíns no pavillón do Colexio Alca en Ames.

Deixámosvos aquí a repartición horaria.

mércores, 9 de xaneiro de 2013

Partidos Sábado día 12 de xaneiro

Este sábado día 12 de xaneiro, xogan os nosos equipos distintos partidos. Os Benxamíns e alevins xogan en Santa Isabel, mentres que os infantís desprazanse a xogar a Narón e os cadetes a Lugo.