Este fin de semana xa temos partidos en todas as categorías.
Consulta o cartel.
Xa estamos de volta, despois de un pequeno descanso nestas festas de nadal, iniciamos esta fin de semana as competicións cos equipos cadete e xuvenil masculino que viaxan a Culleredo e a Pontevedra respectivamente. O 15 e 16 de xaneiro arrancan as competicións das demais categorías.
O venres día 7 xa temos os adestramentos co horario habitual salvo nos benxamíns e alevíns que iniciaran o adestramento para o próximo venres día 14 de xaneiro.
Como seguro que xa sabedes, desta vez tocaron 5 € por participación de lotaría, non é moito pero algo e algo.
Para poder cobralos
imos seguir o seguinte procedemento:
1.
Cubrir
o seguinte formulario https://forms.gle/rtVVEqF12XdjFto5A
2.
Entregar
as participacións que queres cobrar no pavillón Quiroga Palacios os luns (a
partires do 10/01/2022) en horario de 20:00 a 20:45. Darémosche un xustificante
de telas entregado.
3.
Faremos
unha transferencia á conta que nos indiques co importe correspondente ás
participacións que entregues.
Se alguén opta
por non cobrar ese diñeiro, quedará na conta do club para axudar a asumir os
costes da actividade deportiva.
Moitas grazas pola
túa colaboración.
Para asistir a asemblea hai que apuntarse no seguinte formulario antes do 26 de decembro as 23:00 horas https://forms.gle/5dxQ6ky9Dj2ajmt8A
O día 27 de decembro enviárase un link por email para a conexión así como as instrucións para poder conectarse e poder votar de forma telemática.
Moi importante que asistas como socio/a, para que poidades saber en que situación esta o club do que formas parte tanto ti coma os teus fillos/as.
A mellora do club esta nas túas mans coas decisións que tomemos entre todos.
Traballemos en equipo.
Orde do día:
1. Aprobación da última asemblea ordinaria e extraordinaria.
2. Informe do presidente.
3. Aprobación das contas da tempada 2020-2021.
4. Aprobación do orzamento para a tempada 2021-2022.
5. Rogos e preguntas
O sábado pola maña temos partido en Camariñas cos benxamíns, xogamos contra o BM Culleredo. Pola tarde xogamos no pavillón do Restollal co equipo xuvenil contra o Xiria e despois deste partido temos o derbi co bm Xallas en categoría sénior 2ª autonómica.
O domingo os infantís desplazanse a xogar contra o CP Lucense en Lancará, por ter o seu pavillón en reformas.
Tamén o domingo os cadetes viaxan a Camariñas, que xogaran no pavillón Victor Vigo.
Esperamos que todos/as desfrutedes desta xornada.
Estades convidados a vir animar aos equipo no Restolllal, entrada libre!!!
Este fin de
semana xogamos todos os partidos fora da casa agás o de categoría cadete que
xogamos o domingo no pavillón Quiroga Palacios.
Agardámoste!!!
O próximo sábado
4 de decembro as 19:30 xogamos co equipo
sénior no Pavillón do Restollal contra o BM Luceros, o equipo cangues vai
liderando a competición.
Contamos con
todos vos animando ao equipo sénior no Pavillon do Restollal entrada libre.
Os demais equipos
do BM Ribadosar descansan esta fin de semana.