Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

sábado, 13 de setembro de 2014

Comezo escolas deportivas no colexio Quiroga Palacios e no López Ferrerio

Un curso máis dan comezo as escolas deportivas de balonmán nos colexios de Santiago. Todos os centros que estén interesados neste deporte que contaten con nós no correo ribadosar@gmail.com

O venres día 19 de setembro comeza a actividade de Balonmán no Colexio Quiroga Palacios en horario de 16:00 a 18:00 horas.

O Venres día 26 de setembro comeza a actividade de Balonman no Colexio López Ferreiro en Horario de 16:30 a 18:00 horas.

 O  mes de setembro vai a ser gratuito para todos aqueles nenos e nenas  que queiran vir a probar.


Animadevos!!!



venres, 22 de agosto de 2014

Adestramento Pretemporada

¡¡Horarios e Pavillón, semana do 22 ao 28 de setembro!!
Xuvenil

O día 23 e 25 de setembro de 19:00 a 21:00 adestramento no pavillón de Pontepedriña.

Infantil

O día 22 e 24 de setembro de 18:15 a 20:00 adestramento  no pavillón do Quiroga Palacios.

Equipo infantil Femenino 2014/2015

Dende o Ribadosar esta tempada queremos formar equipo infantil femenino, 
Si eres nena e naceches no ano 2003, 2002 ou 2001 apuntate e ben a probar o balonmán, prometemosche que o vas a pasar moi ben. Anímate!!!, e trae as tuas amigas.

Comezamos o 1 de setembro no Pavillón Quiroga Palacios de 18:00 as 20:00 horas.

¡¡¡ Apúntate aquí !!!!




martes, 24 de xuño de 2014

Cronica II Handball - Corpus 2014 - Ourense

Esta pasada fin de semana celebrouse en Ourense o campionato II Handball - Corpus 2014, co que o noso equipo de infantís pecha a tempada 2013-2014, demostrando unha enorme evolución na calidade do xogo.

O día comezou cunha serie de baixas inesperadas, de Ambiorix e Xaquín, lesionado na súa man dereita, pero que non quixo perder a oportunidade de animar aos seus compañeiros. Dende aquí, desexámoslle unha pronta recuperación!

O equipo estaba tan xusto de xogadores que estas dúas baixas facía que non puídesemos xogar. Había que buscar opcións para solucionalo,  polo que despois de pedir permiso á organización, incorporamos a Leilía, que debutou no equipo infantil masculino facendo un gran traballo.

O equipo formado por Andrea, Breixo, Alex, Felipe, Ricardo, Teo e Leilía loitou dende o primeiro minuto ata o último, crecéndose co paso dos partidos. Empezamos o primeiro partido contra Tui, un pouco tímidos e con moito respeto polo noso rival, pero con moitas ganas de loitar. Seguimos contra o Pabellón de Ourense e rematamos contra o Lalín, no que demos todo o bo que sabemos facer, cun público volcado co noso xogo, que se levantou en moitas ocasións para aplaudirnos.

Ademáis de Xaquín, animaron e aplaudiron aos seus compañeiros Enrique, Uxía, Rodrigo e Valeria dende o banquillo, e todos os pais e nais que se acercaron a animar aos rapaces e que aplaudiron dende a bancada.

O resultado do campionato deixounos en cuarto lugar, moi contentos do xogo que fixeron os nosos rapaces, que nos mostraron un bo balonmán.

Noraboa a todos eles, e en especial a Álex, que levou o trofeo ao mellor xogador infantil masculino do campionato.

Así se fai!!

Click aquí para ver todas as fotos.



Entrega de premios



luns, 16 de xuño de 2014

Xornada de portas abertas 20 de xuño

Este venres 20 de xuño de 16:30 a 18:00 e de 16:00 a 18:00 nos pavillóns dos colexios Lopez Ferreiro e Quiroga Palacios vamos acelebrar as xornadas de portas abertas que se veñen celebrando todos os anos a finais de curso, para que os nenos poidan probar si lles gusta o balonmán. Vai ser unha xornada totalmente gratuita o único que teñen que facer e traer routa e calzado deportivo. Ides pasalo moi ben, animadevos!!!!!!

Calquera dubida ribadosar@gmail.com



domingo, 15 de xuño de 2014

II Handball-Corpus´14, 21 de xuño en Ourense

Este ano o equipo infantil do Ribadosar viaxa a Ourense o sábado día 21 de xuño para participar no  II Handball-Corpus´14 que organiza o B.M. Pabellón Ourense.

Horarios da xornada.


Saimos as 10:00 do Quiroga Palacios