Articulo moi interesante publicado en balonmanoactual.com que compartimos con todos vos.
Un deporte, unha pasión...
mércores, 28 de febreiro de 2018
"Allí, en Zambia, el balonmano es vida"
Etiquetas:
Zambia
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 27 de febreiro de 2018
Horarios partidos para o sábado 3 de marzo
O Alevín Ribadosar Alca Épsilon e o benxamín Ribadosar Alca xogan en Arteixo.
O Ribadosar Alca Omega vs Ribadosar.es aprazase o partido para xogalo na xornada que organizamos en Santiago o 7 de abril de 2018.
Infantís masculino e feminino viaxan a Culleredo, esta e a ultima xornada de esta fase.
Cadete, o Ribadosar Táboa Asesores descansa esta xornada e o Ribadosar Amancio Deportes xoga o sábado pola tarde no Pavillón Quiroga Palacios.
Vive o Balonmán!!!
O Ribadosar Alca Omega vs Ribadosar.es aprazase o partido para xogalo na xornada que organizamos en Santiago o 7 de abril de 2018.
Infantís masculino e feminino viaxan a Culleredo, esta e a ultima xornada de esta fase.
Cadete, o Ribadosar Táboa Asesores descansa esta xornada e o Ribadosar Amancio Deportes xoga o sábado pola tarde no Pavillón Quiroga Palacios.
Vive o Balonmán!!!
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 20 de febreiro de 2018
Horarios 24 e 25 de febreiro
Na pasada xornada non se puideron xogar os partidos programados no Pavillón Quiroga Palacios en categorías Infantil Masculino, infantil Feminino e Cadete Masculino por problemas de pingueiras na pista de xogo.
O Sábado as nenas Infantís xogan no Quiroga co C. Polideportivo Lucense a ver si poden rañar dous puntos.
Os 2 equipos cadetes desprázanse ata Carballo e Narón.
O domingo tamén temos balonmán en Santiago, xogamos os partidos de infantil masculino e feminino aprazados a pasada fin de semana contra o Xiria.
Na seguinte táboa podes ver os horarios.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 13 de febreiro de 2018
Horarios fin de semana 17 e 18 de febreiro
Tamen os podes ver aquí
Fotos dos partidos dos equipos infantis en Lugo, o pasado fin de semana
Moitas grazas ao Balonmán Lucus por estas fotos.
Fotos dos partidos dos equipos infantis en Lugo, o pasado fin de semana
Moitas grazas ao Balonmán Lucus por estas fotos.
Infantil Masculino:
Infantil Femenino:
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 7 de febreiro de 2018
D.E.P.
Hai momentos na vida deses que te deixan sen saber que dicir, porque nada do que digas arranxa nada. Hai momentos na vida, deses que só tes que estar, que acompañar, que sentir, que abrazar, porque a dor compartida din que é menor.
Hoxe no Ribadosar tócanos vivir un deses momentos. Hoxe temos a triste nova do falecemento da nosa querida Marian, nai de Rubén (un dos nosos cadetes), muller de Fernando, (o noso secretario) e tamén colaboradora e amiga do club (Rodríguez Mato Abogados), e por suposto de todos nós.
Alá onde estés, Marian, o noso agarimo mais sincero. Para os que se quedan con nós, Fernando, Rubén e todos os seus familiares, o noso mais sincero pésame, acompañamento e apertas.
D.E.P.
Etiquetas:
D.E.P.
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Sábado de entroido
Este fin de semana comeza a copa federación na que vai participar o noso equipo cadete BM Ribadosar
Táboa Asesores no grupo C.
O Bm Ribadosar Amancio Deportes o pasado fin de semana caeu
ante un Nova Xestión Pabellón que moi superior no 1º tempo, no segundo os nosos
aumentando eficacia en lanzamentos, unha defensa mais sólida e unha portaría espléndida
fixeron que o partido se vise mais equilibrado. Este fin de semana mídense ante
o Culleredo que un ano mais ben moi forte.
No que respecta a categoría infantil este fin de semana tócalles
madrugar para ir a xogar a Lugo, tanto o
equipo feminino coma o masculino.
Os benxamíns e alevíns este fin de semana descansan para repoñer
forzas coas orellas e cocido. Moi bo resultado dos benxamíns ante o Camariñas. A seguir así.
Moita sorte para todos e a desfrutar do entroido.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 30 de xaneiro de 2018
Inicio da 2ª fase en liga galega Cadetes. Horarios todas as categorías
Esta tempada no BM Ribadosar contamos con dous equipos en categoría
2ª div. Galega.
Na primeira fase xogamos no mesmo grupo. Agora comeza a 2ª
fase e tócanos separarnos, o BM Ribadosar Amancio Deportes clasificouse para xogar Fase Final e o BM Táboa Asesores xoga a Copa “Federación
Galega”.
Dende aquí queremos darlle os parabéns ao equipo cadete BM
Ribadosar Amancio Deportes xa que se clasificou para a fase final. Unha fase na que xogan os seis mellores
clasificados de toda Galicia en 2ª división galega. Non foi sinxelo pero os xogadores
do Ribadosar Amancio Deportes dérono todo para poder estar entre os 6 mellores
dos 27 equipos que hai en competición.
Aquí podes ver un pequeno resume de como se vai a
desenvolver estas competicións
2ª Fase ou Fase Final:
Os equipos formarán un grupo único de
seis (6) equipos, en función da clasificación obtida na 1ª Fase da Competición.
Xogarase polo sistema de liga, baixo a fórmula de todos contra todos a dobre
volta.
DATAS DE CELEBRACIÓN
A 2ª Fase ou Fase Final desenvolverase entre os días 4 de
febreiro e 08 de abril de 2018.
A 6ª Xornada: 10.03.2018 e 7ª Xornada: 11.03.18 ( Dobre
xornada este fin de semana.)
FASE FINAL DIVISIÓN
DE HONRA CADETE MASCULINO
O equipo clasificado en 1º lugar do Grupo polo Título
disputará a Fase Final do Campionato Territorial Cadete Masculino da División de Honra da tempada
2017/18.
PARTICIPACIÓN NA
COMPETICIÓN DE DIVISIÓN DE HONRA DA TEMPADA 2018/2019
No mes de setembro de 2018, todos
os equipos inscritos, nos prazos previstos pola F.G.Bm., porán participar nunha
Fase Previa para disputar a Competición de División de Honra (Play Off de
Ascenso).
O Play Off se disputara nun fin
de semana, polo sistema concentración (tipo sector). Serán sedes organizadoras,
se así o solicitan, os equipos clasificados nas competicións da tempada 2017/18
nos seguintes postos: Campión de 2ª División Cadete Masculina; 7º, 8º, 9º clasificados de
División de Honra; 2º clasificado de 2ª División Cadete Masculina
e 10º clasificado de División de Honra.
COPA “FEDERACIÓN GALEGA”. na que xoga o BM Ribadosar T´boa Asesores.
FÓRMULA E DATAS DE COMPETICIÓN
Esta competición desenrolarase en dúas fases, levándose a
cabo cos criterios que a continuación se detallan:
1ª Fase: Os vinte e un
(21) equipos participantes – equipos que non clasifican para disputar a
Segunda Fase ou Fase Final do Campionato
Territorial - distribuiranse en grupos de catro, cinco ou seis equipos cada un.
A composición de cada un dous grupos
será establecida pola Área de Competicións da F.G.BM. atendendo a
criterios de proximidade xeográfica (tal e como foi acordado na reunión do día
8 de setembro).
Xogarase polo sistema de liga, baixo a fórmula de todos
contra todos a dobre volta dentro de
cada grupo.
2ª Fase ou Fase Final: Será disputada polos equipos
clasificados no primeiro postos de cada un dos grupos da 1ª Fase, xunto con
mellor segundo, se o número de grupos é impar. Xogando baixo o sistema de
eliminatoria a dobre partido a eliminatoria
de semifinais e a eliminatoria final.
A 1ª Fase desenvolverase entre os días 11 de febreiro e 22
de abril de 2017.
A 2ª Fase ou Fase Final terá lugar os días
29 de abril e 20 de maio de 2018.
Horarios 3 e 4 de Febreiro
Este fin de semana o BM Ribadosar Táboa Asesores y el BM
Ribadosar Alca Épsilon descansan.
Os demais están a pleno rendemento :
Os Benxamíns e os alevíns viaxan a xornada de concentración
de balonmán 5 ao concello de Zas.
Os equipos infantís tanto o masculino coma o feminino, xogan
o domingo a maña no Pavillón
Quiroga Palacios en Santiago.
O Cadete BM Ribadosar Amancio Deportes comeza a fase final
en Ourense este sábado.
Moita sorte a todos e a vivir o Balonmán!!!Podes consultar os Horarios e localizar pavillóns pinchando Aqui
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

