Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 24 de outubro de 2018

Crónica e horarios.

Levamos dúas xornadas disputadas e seca de puntos nos nosos equipos. Tivemos un inicio de tempada que non nos acompañan os resultados no Ribadosar, estase a notar a falta de ritmo de competición con respecto aos rivais que levan adestrando dende agosto. O fin de semana pasado solo gañou o equipo Infantil Masculino (Ribadosar Level Fabrics) na casa do Narón.

A pesares de estes resultados as sensacións son boas, con traballo e compromiso en pouco tempo teremos ritmo de competición. A seguir traballando.

Este fin de semana os equipos infantil masculino ( Ribadosar Level Fabrics) e o infantil feminino (Ribadosar IF) xogan o domingo pola maña no Quiroga Palacios.

O equipo cadete e xuvenil viaxan a Viveiro, toca madrugar..

En categoría benxamín e alevín seguimos a espera do inicio da competición.

Moita sorte a tod@s.


mércores, 17 de outubro de 2018

Horarios partidos sábado 20 de outubro

Este fin de semana sábado día 20, os equipos de categoría infantil masculino xogan en Coruña e Narón. O equipo feminino descansa.

O equipo cadete e xuvenil xoga o sábado pola tarde no Pavillón do Restollal.




mércores, 3 de outubro de 2018

Inicio de competición sábado 6 de outubro


O próximo  sábado 6 de outubro iniciamos as competicións de infantil masculino, infantil feminino, cadete masculino e xuvenil masculino.

Os equipos infantís masculinos, “Ribadosar Level Fabrics”, o “Ribadosar.es” e o feminino “Ribadosar IF” xogan o sábado pola maña no pavillón Quiroga Palacios. Así que xa sabedes o sábado en Conxo temos balonmán.

O equipo cadete “Ribadosar Táboa Asesores” e o xuveníl “Ribadosar Amancio Deportes” viaxan a Lugo, dous partidos difíciles pola igualdade dos equipos.

Así que xa sabedes todos co Ribadosar!!.

O teu club de balonmán en Santiago 


luns, 24 de setembro de 2018

Horarios partidos fin de semana

O sábado 29 de setembro comeza a competición en categoría cadete e xuvenil no pavillón de O Restollal.
Desta vez tócalles os dous equipo do Ribadosar loitar contra un difícil Lucus. Vamos todos co Ribadosar.


Anulado!! 
Suspendéronse estes calendarios, estamos a esperas dos novos.
Desculpade as molestias.

domingo, 23 de setembro de 2018

Horario adestramento semana do 24 ao 28

Esta semana seguimos cos horarios de adestramento da semana.
Ainda non nos comunicaron os definitivos.


Esta fin de semana temos a festa do deporte, e ademais empeza a competición cadetes e xuvenil. Xogamos na casa, estade atentos as novas

mércores, 19 de setembro de 2018

O Ribadosar en Cadena Cope



No día de onte os responsables do BM Ribadosar estiveron invitados a falar un pouco de balonmán na Cadena Cope.
Queremos  agradecer desde aquí esta oportunidade que temos de promocionar un pouco mais o balonmán en Santiago a Paula Pajaro e a Mariano Raskin, polo apoio que nos están a dar.

Podes escoitar o que se falou nos seguintes links.


Mediodía en Cope + Santiago


Deportes Cope Santiago


https://cbribadosar.blogspot.com/2018/08/inicio-da-adestramentos-tempada-201819.html

venres, 14 de setembro de 2018

Balonmán. Portas abertas en setembro

Xogas ao Balonmán?

Os rapaces e rapazas de #compostela e comarca estades de sorte. En setembro podes vir a probar si che gusta de balde.

Non esperes máis, apúntate no formulario sen compromiso, e ven cos teus amig@s.

Formulario