Este fin de
semana esperámoste nos pavillóns de Quiroga Palacios e do Restollal para animar
aos teus equipos. Non te quedes sen entradas (son a cero euros).
Un deporte, unha pasión...
mércores, 27 de outubro de 2021
Partidos de balonmán para o sábado 30 e domingo 31 de outubro
martes, 19 de outubro de 2021
Empezan os Infantís!! Horarios partidos
Esta fin de
semana empezamos coa categoría Infantil masculina en liga Prata, que se mide ao
CP Lucense no Quiroga Palacios o domingo pola mañan.
Os cadetes
despois da vitoria clara que tiveron o pasado fin de semana contra un BM
Culleredo tócalles esta fin de semana medirse na casa do Galitrans Pontedeume.
Pola súa banda os xuvenís non puideron co Acanor ATl
Novas, un equipo que se mostrou moi superiores aos nosos. Este fin de semana viaxan
a Carballo para medirse co Laber Xiria B.
No que respecta o
equipo sénior masculino, tivo un partido moi axustado co BM Moaña, acabou a
primeira metade con vantaxe de 2 para os nosos. Os nosos non souberon aguantar
coa vantaxe que tiñan e ao final leváronse
o partido os de Moaña. Esta fin de semana Tocolles medirse ao Calmear Rasoeiro que vai primeiro da táboa.
Estate atento as
nosas redes sociais nas que proximamente publicaremos links para poder ver os
partidos ou para poder asistir en directo.
Apúntate e que non cho contén!!
xoves, 14 de outubro de 2021
Empezamos coas categorías Xuvenil e Cadete.
Esta fin de semana empezamos coas categorías xuvenil e cadete en 2ª autonómica. tal e como podes ver no cartel tamen xoga o equipo senior contra o BM Moaña no Restollal.
Apúntate e que non cho contén!!
martes, 5 de outubro de 2021
Inicio da liga Regular para o equipo senior.
O equipo sénior despois de xogar a copa sponsor
e quedar eliminados nos octavos de final contra o Proquideza BM Loriga, empezamos
a liga regular o sábado 9 xogando a primeira xornada en Chapela.
Estate atento as redes sociais do BM Ribadosar,
xa que en breve empezaran as competicións
das demais categorías
mércores, 22 de setembro de 2021
Partido de volta octavos de final copa Sponsor
O próximo sábado 25 de setembro, os nosos sénior xogan en Lalín o partido de volta contra o Proquideza BM Loriga.
O Loriga leva vantaxe na clasificación xa que
no partido que xogamos no Restollal estiveron mais metidos que o Ribadosar no
partido.
Si queres asistir ao partido como público
podes descargar a túa entrada pinchando aquí.
Nestes intres por temas covid-19 non podemos
levar publico no bus.
Estate atento/a as nosas redes sociais
mércores, 15 de setembro de 2021
Inicio de Competición 21/22
Despois de moito tempo empezamos competicións!!.
Esta fin de semana empezamos a competición do equipo senior masculino.
Xogamos o sábado 18 as 19:00 horas no pavillón do Restollal a primeira xornada de copa sponsor entre o Balonmán Ribadosar.es e o Proquideza balonmán Loriga.
Nesta ocasión podemos contar con unhas poucas prazas de publico cumprindo as medidas covid19.
Para poder asistir como publico e necesario comprar (Coste cero €) unha entrada previamente.
Sin entrada non se poderá asistir como público.
Escánea este código QR ou pincha aquí para poder comprar a túa entrada









