Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 26 de decembro de 2021

Lotaría de Nadal 2021

Como seguro que xa sabedes, desta vez tocaron 5 € por participación de lotaría, non é moito pero algo e algo.

Para poder cobralos imos seguir o seguinte procedemento:

1.      Cubrir o seguinte formulario https://forms.gle/rtVVEqF12XdjFto5A

2.      Entregar as participacións que queres cobrar no pavillón Quiroga Palacios os luns (a partires do 10/01/2022) en horario de 20:00 a 20:45. Darémosche un xustificante de telas entregado.

3.      Faremos unha transferencia á conta que nos indiques co importe correspondente ás participacións que entregues.

Se alguén opta por non cobrar ese diñeiro, quedará na conta do club para axudar a asumir os costes da actividade deportiva.

Moitas grazas pola túa colaboración.

xoves, 16 de decembro de 2021

Convocatoria Asemblea ordinaria decembro 21


Convócase Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar a todos os socios/as o martes 28 de decembro de 2021 ás 19:45 h en 1ª convocatoria e ás 20:15 h en 2ª convocatoria a través de videoconferencia.

Para asistir a asemblea hai que apuntarse no seguinte formulario antes do 26 de decembro as 23:00 horas https://forms.gle/5dxQ6ky9Dj2ajmt8A

O día 27 de decembro enviárase un link por email para a conexión así como as instrucións para poder conectarse e poder votar de forma telemática.

Moi importante que asistas como socio/a, para que poidades saber en que situación esta o club do que formas parte tanto ti coma os teus fillos/as.

A mellora do club esta nas túas mans coas decisións que tomemos entre todos.

Traballemos en equipo.

Orde do día:

1. Aprobación da última asemblea ordinaria e extraordinaria.

2. Informe do presidente.

3. Aprobación das contas da tempada 2020-2021.

4. Aprobación do orzamento para a tempada 2021-2022.

5. Rogos e preguntas


martes, 14 de decembro de 2021

Balonmán. Derradeira xornada do ano 2021!!


Esta fin de semana xogamos a última xornada do ano 2021. 

O sábado pola maña temos partido en Camariñas cos benxamíns, xogamos contra o BM Culleredo. Pola tarde xogamos no pavillón do Restollal co equipo xuvenil contra o Xiria e despois deste partido temos o derbi co bm Xallas en categoría sénior 2ª autonómica.

O domingo os infantís desplazanse a xogar contra o CP Lucense en Lancará, por ter o seu pavillón en reformas.

Tamén o domingo os cadetes viaxan a Camariñas, que xogaran no pavillón Victor Vigo.

Esperamos que todos/as desfrutedes desta xornada.

Estades convidados a vir animar aos equipo no Restolllal, entrada libre!!!




luns, 6 de decembro de 2021

Horarios dos partidos para o 11 e 12 de decembro

Este fin de semana xogamos todos os partidos fora da casa agás o de categoría cadete que xogamos o domingo no pavillón Quiroga Palacios.

Agardámoste!!!







mércores, 1 de decembro de 2021

Horarios partidos balonmán para o sábado 4 de decembro

O próximo sábado 4 de decembro as 19:30  xogamos co equipo sénior no Pavillón do Restollal contra o BM Luceros, o equipo cangues vai liderando a competición.

Contamos con todos vos animando ao equipo sénior no Pavillon do Restollal  entrada libre.

Os demais equipos do BM Ribadosar descansan esta fin de semana.




mércores, 24 de novembro de 2021

martes, 23 de novembro de 2021

Horarios dos partidos para o fin de semana do 27 e 28 de novembro

Esta fin de semana xogamos todos os partidos fora da casa agás o de xuvenil que xogaremos o sábado as 19:30 do pavillón do Restollal. Agardámoste!!!



Podes consultar horarios de saídas e localizar os pavillóns aquí