Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 2 de outubro de 2019

Horarios da primeira xornada de competición


O Sábado 5 de outubro comezamos as competicións de categoría xuvenil masculino, cadete masculino, cadete  feminino e infantil masculino.

s equipos xuvenil masculino, cadete masculino e infantil masculino xogan no  Pavillón do Restollal o sábado pola maña. Esperamos que aflición responda para animar a  os nosos equipos. O cadete  feminino viaxa A Coruña. Desexamos bo inicio e moita sorte para todos.

Tamén queremos adiantar que xa sabemos que as competicións de alevín e benxamín esta previsto comezar o 19 de outubro.

Por ultimo deixamos aquí como quedan os horarios deste fin de semana.




venres, 27 de setembro de 2019

Empezamos competición. Horarios.

Esta semana xa empezamos coas competicións  en varias categorías.
Aínda estamos pendentes de algúns calendarios, pero xa temos que contar que o sábado 5 e o domingo 6 de outubro temos algún partido. En breve vos faremos chegar os calendarios e horas.

Tamén vos deixamos o calendario de adestramentos de todas as categorías.
As horas de adestramento para a semana do 30 ao 6 serán as mesmas que ata o de agora.



A partires da semana do 7 ao 12 de outubro reducirase os tempos dos adestramentos dos venres en categorías Infantil, Cadete e xuvenil  Masculino, quedando así ata final de mes.


A partires de novembro  o horario definitivo  será este:



martes, 24 de setembro de 2019

Festa do Deporte en #Compostela


Vémonos todos na @festadodeporte

🕐Anota os horarios da #FestadoDeporte19 
na túa axenda👇
📌Domingo 29 de setembro 👉 de 11,00 a 14,30 horas.
📌Luns 30 de setembro 👉 de 10,30 a 14,00 horas. *Este día só para escolares.

https://t.co/c1yJWsrV8b?amp=1

Fotos de edicions anteriores



luns, 16 de setembro de 2019

Portas abertas balonmán

Seguimos de portas abertas unha semana mais, para todos/as os que queiran vir a probar o balonmán.
Esperámoste no Pavillón Quiroga Palacios cos seguintes horarios.


Cubre este formulario e poñémonos en contacto contigo. 



sábado, 7 de setembro de 2019

Inicio das xornadas de portas abertas de Balonmán

Esta semana comezamos coas xornadas de portas abertas de Balonmán no Ribadosar.

Dende o balonmán Ribadosar invitamos a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 a 15 anos a probar o balonmán  nos nosos adestramentos.




Cubre este formulario e poñémonos en contacto contigo. Formulario




Estamos no Pavillón Quiroga Palacios
nos seguintes horarios.



venres, 30 de agosto de 2019

Xa estamos de volta coas pilas a tope de #balonmán

Xa estamos de volta con moitas gañas de xogar ao #balonmán, 

¿Queres unirte aos nosos equipos? 

      a qué esperas..


Completamos equipos con nenas e nenos nados en:


 click aquí e cubre o seguinte formulario para inscribirte 

Poñerémonos en contacto contigo 


Comezamos a actividade o día 3 de setembro no 

Pavillón Quiroga Palacios (Conxo) .


Horarios para a Semana do 2 ao 6 de setembro



xoves, 4 de xullo de 2019

Convocatoria selecion Galega Infantil Feminina

De novo o Club Balonmán Ribadosar ten representación na Selección Galega. 

Desta vez convocaron para  o XXVI Torneo de Cangas “Torneo de Cangas del Narcea”, que se celebrará en dita localidade de Asturias entre os días 10 e 14 de Xullo de 2019,  ao dorsal 61 do Ribadosar Infantil Feminina Lidia Sanda.



Parabéns Lidia, a desfrutar moito no torneo. Merecelo!!




https://torneocangas.fbmpa.com/campeonatos.asp?c=41

xoves, 27 de xuño de 2019

Tempada 2019/20

Queres Formar parte do Ribadosar??



Equipos Femininos.

Unha tempada mais queremos apostar polo balonmán feminino, por iso buscamos nenas nadas entre o 2004 e o 2007 para completar os equipos infantil e cadete. Non esperes mais, inscríbete!! Contactamos contigo.

Equipos Masculinos.

Estamos a completar equipos masculinos, por iso buscamos nenos nados entre o 2002 e o 2007 para completar os equipos infantil, cadete e xuvenil. Non esperes mais, inscríbete!! Contactamos contigo.

Benxamín e alevín

O balonmán de base e a nosa identidade, por iso buscamos nenas e nenos nados entre o 2008 e o 2013 que queiran formar parte das nosas escolas de balonmán e seguir así nutrindo as categorías superiores. Inscríbete. En setembro imos ter xornadas de portas abertas para que veñas a probar. Contactamos contigo. 




Tamén buscamos empresas colaboradoras con nos. 
Axúdanos a levar este proxecto adiante.
Envíanos un  e-mail ribadosar@gmail.com 
e contactaremos contigo.



xoves, 20 de xuño de 2019

Campionato do Mundo Júnior Masculino 2019, do 16 ao 28 de xullo

O próximo mes de xullo celebrase o Campionato do Mundo Júnior Masculino 2019 en Vigo e Pontevedra. 

O Balonmán Galego do 16 ao 28 de xullo temos a oportunidade de desfrutar do xogo das grandes promesas do balonmán. 

Axuntamos a carta do presidente da federación a comunidade do balonmán asi como un díptico que nos pasaron da organización.


Anímate!!

Carta do Presidente da Federación Galega 




Inscribite como voluntario 




www.spainhandball19.com

martes, 11 de xuño de 2019

Tempada 2019 / 2020


Queres Formar parte do Ribadosar??



Equipo Senior Masculino  

No Club Balonmán Ribadosar apostamos por sacar un equipo sénior masculino en 2ª división Galega. 
Se es xogador de balonmán nado ata o 2001 e queres formar parte do noso proxecto, aínda estas a tempo. O prazo para inscribirse acaba o 24 de xuño. 
Cubre o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo.


Equipos Femininos.


Unha tempada mais queremos apostar polo balonmán feminino, por iso buscamos nenas nadas entre o 2004 e o 2007 para completar os equipos infantil e cadete. Non esperes mais, inscríbete!! Contactamos contigo.

Benxamín e alevín

O balonmán de base e a nosa identidade, por iso buscamos nenas e nenos nados entre o 2008 e o 2013 que queiran formar parte das nosas escolas de balonmán e seguir así nutrindo as categorías superiores. Inscríbete. En setembro imos ter xornadas de portas abertas para que veñas a probar. Contactamos contigo. 




Tamén buscamos empresas colaboradoras con nos. 
Axúdanos a levar este proxecto adiante.
Envíanos un  e-mail ribadosar@gmail.com 
e contactaremos contigo.



luns, 27 de maio de 2019

Fin de tempada 2018 / 2019

Un ano mais chegamos ao final da tempada. No Balonmán Ribadosar esta fin de semana pasada estivemos cos motores a tope, o sábado estivemos pola maña coa festa do balonmán, acto que facemos cada fin de tempada para logo acabar cun xantar. Un día no que buscamos que os nosos xogador@s e familias desfruten ao máximo deste deporte. Esperamos que fose así.

Pero non acabou todo aí, os mais pequechos clasificáronse para as fases finais, así que o domingo desprazáronse os dous equipos a xogar as fases finais a Camariñas. Non foi de balde, xa que viñeron todos contentos cas súas medallas.

Na sección multimedia da web do Balonmán Ribadosar www.ribadosar.es/multimedia podes ver as fotos dos distintos eventos.





venres, 17 de maio de 2019

Fase Final Campionato Provincial A Coruña


O próximo 26 de maio de 2019 temos una cita no pavillón Municipal de Camariñas coa Fase Final do Campionato Provincial de A Coruña.

A xornada levarase a cabo dende as 15:00 horas que comeza o primeiro partido ata as 20:30 aproximadamente que será a entrega de premios

Este tempada o BM Ribadosar clasificou os dous equipo benxamíns para as fases finais.

A saída farase o domingo as 13:00 horas dende de o Colexio Quiroga Palacios. Os xogadores terán que estar 10 minutos antes da saída para poder organizar a viaxe.

IV Torneo Balonmán Feminino Letras Galegas 2019

No dia de hoxe o equipo infantil feminino viaxou a Culleredo a participar no “IV Torneo Balonmán Feminino 2019 Letras Galegas”.

As nosas viaxaron con moita ilusión e con moitas ganas de desfrutar do torneo. Tanto e así que que veñen para Santiago con un trofeo para o equipo  e o de mellor porteira do torneo para a nosas porteira Laura.

Parabéns  a todo o equipo pola tempada que esta a facer e tamén para ao @BmCulleredo por iniciativas coma esta e a boa organización. Moitas grazas




domingo, 12 de maio de 2019

Xornada final copa infantil

No día de onte os nosos equipos infantís Bm Ribadosar IF e o BM Ribadosar.es xunto cos equipos de BM Camariñas deron un espectáculo de balonmán, tanto os xogadores e xogadoras coma os seareiros e seareiras que asistiron a estes encontros.

Tanto o equipo feminino coma o masculino fixeron unha moi boa tempada, aínda que a veces nos resultados non o amosaron. Ao final da tempada o balance e estupendo.

No dia de onte as rapazas despois dunha partido moi axustado, perderon de un so tanto contra o primeiro clasificado manténdose na táboa clasificatoria no segundo posto da Copa. Os rapaces tamén tiveron un partido moi axustado contra o primeiro clasificado na copa, acabando o partido con un empate. Con este resultado quedamos terceiros clasificados na táboa ao final da Copa Federación.

Parabéns para os dous equipos polo esforzo, compromiso e dedicación.

Na seguinte ligazón podes ver as fotos e vídeos de actividades do Club Balonmán Ribadosar. Estate atent@ as actualizaciones.










martes, 7 de maio de 2019

Derradeira xornada de Copa Infantil Feminina e Masculina

Este sábado no Pavillón Quiroga Palacios temos dous encontros, que seguro dos deixan bo sabor de boca para o final de tempada.

Infantil Feminino as 11:00

O BM Camariñas campión de copa e o Ribadosar IF segundo clasificado independente do que pase este sábado, seguro que os dous equipos nos dan un espectacular partido.

Infantil Masculino as 12:30

O BM Camariñas esta primeiro da táboa, o Ribadosar.es terceiro clasificado empatado co segundo BM Culleredo, os dous equipos están obrigados a gañar para optar aos primeiros postos. Seguro nos dan un espectacular partido, como nos veñen tendo acostumados.

A desfrutar todos dos últimos partidos de copa Infantil.






martes, 30 de abril de 2019

Invitación xantar peche de tempada

Un ano mais chegamos ao peche da tempada. Un ano que despois de moito traballo por parte dos adestradores, voluntarios, familias e directiva  podemos resumir con unha melloría a nivel deportivo e de socios involucrados no proxecto moi grande.

Dende a directiva esperamos que este compromiso vaia a mais, para facernos mais fortes de cara a próximas tempadas.

Queremos recordarvos a todos e todas que esta directiva esta constituída de forma desinteresada por pais de rapaces e rapazas que xogan no BM Ribadosar, e que estamos abertos a que participedes con nos dende dentro, para que poidades ver toda a maquinaria que fai mover que cada fin de semana as cousas saian medianamente ben.

Dende aquí convidámosvos a todos e a todas a participar na xornada que estamos preparando para o día 25 de maio, (comunicaremos en breve o programa) onde acabaremos co xantar de fin de tempada no Hotel Congreso.





Programación vindeiros días

O sábado 4 de maio, xoga o equipo infantil masculino Ribadosar.es en Viveiro as 11:00 no pavillón municipal de Viveiro. A sáida farase dende o colexio Cardeal Quiroga Palacios as 7:50, así que toca madrugar para estar de volta sobre as 14:30.

O equipo infantil feminino descansa esta xornada.


Por outro banda temos os equipos  benxamíns e alevíns que acabaron a liga. Os benxamíns están de noraboa, xa que quedaron clasificados para xogar a fase final o día 11 de maio.
Aínda non sabemos onde  se vai a xogar esa fase. 

En breve vos informamos, estar atentos.

Parabéns por esta tempada aos equipos benxamíns e alevíns. 





luns, 22 de abril de 2019

Portas abertas en maio

Queres xogar ao Balonmán?

Os rapaces e rapazas de #compostela e comarca estades de sorte. 

A partires do 6 de maio esperamoste para que veñas a probar o balonmán cos nosos equipos de balde.

Non esperes máis, apúntate no formulario sen compromiso, e ven cos teus amig@s.



Prensa...

Xa estamos de volta de semana santa, hoxe comeza a actividade cos horarios habituais. Unhas vacacións merecidas para todos, tanto xogadores coma técnicos.

Tivemos unha Semana Santa con moito recoñecemento periodístico. Aquí vos deixamos un resume de enlaces, onde podedes ver as publicacións que nos fixeron en distintos medios esta tempada.

Tamen dende estas liñas queremos agradecer a todos estes medios, a colaboración que están a ter con nos para darlle mais visibilidade ao balonmán na capital galega.

21NOTICIAS : https://www.21noticias.com/2019/04/resumo-balonman-ribadosar-campion-de-copa-federacion-zona-norte-o-ribadosar-taboa-asesores/

COMPOSTELA24HORAS.COM : https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1388464/equipo-balonman-compostela-ribadosar-proclamase-campion-da-copa-federacion

O NOSO DEPORTE : https://onosodeporte.org/2019/04/deportes/balonman/resumen-tempada-club-balonman-ribadosar/

El CORREO GALLEGO, publicou no día de hoxe na edición en papel e tamen en dixital : https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/mejor-copa-ribadosar-creer-crecer-convencer/idEdicion-2019-04-22/idNoticia-1178256/

CADENA COPE 

Cope Santiago 19/09/2018 con Paula Pajaro e Mariano Raskin: 

Deportes Cope Santiago con Mariano Raskin : 

CADENA SER, SER Deportivos Santiago 25/09/2018 con Toño Bermudez, dende o minuto 15 ao 22 falando de #balonmán co Presidente do #ribadosar 

martes, 2 de abril de 2019

Horarios para o 6 de abril

O sábado 6 de abril, o Ribadosar xoga fora con todos os seus equipos.

O Ribadosar Amancio Deportes (xuvenil) e o Ribadosar.es (Infantil Masculino) viaxan nesta ocasión a Culleredo, dous partidos complicados que esperamos dar o máximo de nos. O Ribadosar Amancio Deportes xoga o seu ultimo partido da tempada.

O Ribadosar Level Fabrics (infantil Masculino) viaxa na mesma expedición que os equipos Alevíns e Benxamíns  a Carballo. Todos eles xogan a penúltima xornada da fase que están.

O RibadosarIF (Infantil Feminino) e o Ribadosar Alca Épsilon descansan esta xornada.

O Ribadosar Táboa Asesores xogase quedar campión de Copa o sábado en Santa Comba. Imos todos con eles, o autobús sae dende o Colexio Quiroga Palacios as 16:20.


martes, 26 de marzo de 2019

Horarios para o 30 e 31 de marzo

Este fin de semana os alevíns e benxamíns tócalles descanso os demais equipos a máximo rendemento.
O equipo xuvenil  Ribadosar Amancio Deportes, o infantil Masculino Ribadosar.es e o infantil feminino RibadosarIF viaxan o sábado a Camariñas.

O equipo cadete Ribadosar Táboa Asesores xoga no Quiroga Palacios o Sábado as 19:00 horas.

O equipo infantil Ribadosar Level Fabrics xoga o domingo pola mañan en Ferrol.

Moita sorte a todos eles.


martes, 19 de marzo de 2019

Programación para o 23 e 24 de marzo

Este fin de semana temos balonmán por un tubo en Santiago, o sábado pola mañan no Quiroga Palacios e o domingo no Restollal. Esperámoste!!!




Curso de arbitro de balonmán en Santiago

A Federación Galega de Balonmán vai facer nas próximas datas un curso de arbitro de balonmán en Santiago de Compostela.

Aproveita esta ocasión!!

Consulta o documento explicativo facendo clic aquí


martes, 12 de marzo de 2019

Horarios para o 16 e 17 de marzo

O próximo fin de semana os equipos benxamíns, alevíns e infantil feminino descansan.

Viaxan a Abegondo o sábado pola mañan o BM Ribadosar Táboa Asesores (cadetes masculino)  e o infantil BM Ribadosar Level Fabrics (infantil masculino)

O domingo pola mañana viaxan a Pontedeume o BM Ribadosar Amancio Deportes (xuvenil masculino) e o BM Ribadosar.es (infantil masculino)

venres, 1 de marzo de 2019

Horarios para o 2 de marzo

A programación para este sábado 2 de marzo e a seguinte:

O Ribadosar Amancio Deportes (Xuvenil) xoga no Pav. do Restollal as 10:00

O Ribadosar Táboa Asesores (Cadete) xoga no Pav. Quiroga Palacios as 13:00

O Ribadosar.es (Infantil Mas.) xoga no Pav. Quiroga Palacios as 10:00

O Ribadosar IF (Infantil Fem.) xoga no Pav. Quiroga Palacios as 11:30

O Ribadosar Level Fabrics xoga no Pav. Novo Mesoiro (Coruña) as 11:30

Os alevíns e benxamíns este fin de semana descansan

Dende o Balonmán Ribadosar queremos que desfrutedes do entroido, por iso o luns e martes non teremos adestramentos.

O mércores iniciamos as actividades cos horarios habituais.


xoves, 21 de febreiro de 2019

Programación próximos eventos


O sábado temos partidos de benxamíns e alevíns entre os nosos equipos. Estaremos no Pavillón Quiroga Palacios dende as 9:30 horas

O domingo o equipo xuvenil xoga contra o Camariñas no pavíllon do Restollal as 12:30 horas, eo  cadete desta vez viaxa a Ferrol, xogan as 12:00 horas.

Os equipos infantís descansan esta fin de semana


O mércores 27 de febreiro temos unha viaxe a Cangas. Imos ver o partido entre o Frigoríficos do Morrazo vs FC Barcelona


Programa:

Saimos dende o Colexio C. Quiroga Palacios, as 18:30 (hai que estar 10´antes). O partido e as 20:30 no pavillón do Gatañal en Cangas. Estaremos de volta en Santiago sobre as 23:30 horas.

Recomendase levar un bocadillo para a cea e algo de beber, de todos xeitos alí temos cantina para o que queira comprar algo.

Dende o Club Balonmán Ribadosar pretendemos con estas actividades acercar o balonmán de máxima categoría aos nosos xogadores e socios. Esperamos que o desfrutedes o máximo.