Un deporte, unha pasión...
venres, 29 de decembro de 2017
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DO CLUB BALONMÁN RIBADOSAR
Etiquetas:
Asemblea extraordinaria
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 27 de decembro de 2017
Loteria Nadal 2017
Tocou a lotería do Club no Nº 79.244.
Todos os que teñades participacións podedes pasar a cobralas a partires do martes día 2 de xaneiro pola oficina do bbva de Conxo. (Praza da Merced)
Tendes que levar o DNI e as participacións que queiras cobrar, teñen que estar en bo estado.
Parabéns aos gañadores, e moitas grazas pola vosa colaboración
Tes de prazo para cobrar a lotería dende o 2 de xaneiro ata o 2 de abril de 2018
Etiquetas:
loteria nadal
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
venres, 22 de decembro de 2017
Curso balonmán nivel 1 en Santiago
Etiquetas:
curso balonmán
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 19 de decembro de 2017
Feliz Nadal 2017
Despois do partido dos benxamíns en Camariñas (Sábado 23),
vacacións dende o 23 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición).
Inícianse os adestramentos o 8 de xaneiro de 2018 cos horarios habituais.
vacacións dende o 23 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición).
Inícianse os adestramentos o 8 de xaneiro de 2018 cos horarios habituais.
Etiquetas:
nadal
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
luns, 11 de decembro de 2017
Horarios 16 e 17 de decembro
Xa estar a chegar o Nadal e os equipos do BM Ribadosar están a xogar os derradeiros partidos do ano 2017.
Así, o sábado as nosas xogadoras infantís viaxan a Lugo e imos todos con elas para ver si traemos unha nova victoria.
En infantil masculino descansan e non xogan ata despois das vacacións de Nadal. Pechan o ano con moi boa posición na táboa, o que non quita de seguir traballando para mellorar.
O domingo 17 de decembro temos un día completo. Ás 10:00 xogaremos un partido de categoría alevín entre dous dos nosos equipos, para logo seguir durante toda a mañá con dous partidos de categoría cadete masculino. (O detalle no cadro máis abaixo)
Completamos a xornada cun xantar para todos os que formamos a gran familia do balonmán en Santiago, no restaurante O Afiador, na Rúa de San Pedro, ás 15:00.
O próximo 23 de decembro xogaremos en Camariñas o partido de categoría benxamín, aplazado na xornada do pasado día 9.
Etiquetas:
horarios,
Xantar de Nadal
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 29 de novembro de 2017
Xantar de Nadal 2017
Dende o Club Balonmán Ribadosar un ano mais, propóñenos un xantar o domingo 17 de decembro, para celebrar o nadal toda a familia do balonmán en Santiago.
Desta vez imos celebralo no Restaurante “O Afiador” Rua de San Pedro nº 28 en Santiago.
Os que queirades vir so tedes que apuntarvos no seguinte formulario web antes do martes 12 de decembro, e pagar no pavillón o mercores 13 de decembro entre a 20:00 e as 21:30 horas previa Inscrición.
Os nenos/as menores de 11 anos teñen que ir acompañados polo menos de 1 adulto
Contamos contigo!
Apúntate aquí
Etiquetas:
Xantar de Nadal
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Horarios para o 2 e 3 de decembro
Na seguinte táboa podedes ver os horarios para o sábado 2 e
domingo 3 de decembro.
O sábado en categoría cadete o BM Ribadosar Táboa Asesores
viaxa a Lugo.
O domingo viaxan a
Carballo o equipo cadete BM Ribadosar Amancio Deportes, e os infantís femininos
e masculinos.
O equipo benxamín e os alevíns descansan nesta xornada
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
"Lo que importa es la base y formar Jugadores"
A revista deportiva O Noso Deporte desta vez fixo una entrevista ao nosos presidente no 5º aniversario do Club Balonmán Ribadosar.
Podes ler o articulo no seguinte enlace https://issuu.com/onosofutbol/docs/ond003201709_s/47 ou comprar a revista en papel nos quiosco de referencia.
Podes ler o articulo no seguinte enlace https://issuu.com/onosofutbol/docs/ond003201709_s/47 ou comprar a revista en papel nos quiosco de referencia.
Estade atentos, xa saíu en papel o numero catro.
Etiquetas:
Entrevista
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 21 de novembro de 2017
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria Club Balonmán Ribadosar
Etiquetas:
Asemblea Ordinaria
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Horarios para o 25 e 26 de novembro
O sábado 25 de novembro celebrase en Arteixo a segunda xornada de mini balonmán na que participan os nosos equipos benxamín e alevín.
O domingo 26 podes pasar a ver balonmán durante toda a mañan. Xogamos cos equipos infantil masculino, infantil feminino e acabamos co Cadete Masculino.
O domingo 26 podes pasar a ver balonmán durante toda a mañan. Xogamos cos equipos infantil masculino, infantil feminino e acabamos co Cadete Masculino.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 14 de novembro de 2017
Horarios para o sábado 18 de novembro
O próximo sábado 18 de novembro temos partido no Quiroga entre os dous equipos cadetes do Ribadosar, non volo perdades, hai que madrugar un pouco pero xa sabedes o refrán “a quen madruga .....”
En categoría infantil viaxamos a Arteixo cos dous equipos o masculino e o feminino.
En categorías alevín e benxamín este fin de semana toca descanso, acoller folgos para as vindeiras xornadas.
En categoría infantil viaxamos a Arteixo cos dous equipos o masculino e o feminino.
En categorías alevín e benxamín este fin de semana toca descanso, acoller folgos para as vindeiras xornadas.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 8 de novembro de 2017
Crónica, e horarios para o sábado 11
Crónica
En categoría infantil debutamos o sábado pasado os dous equipos, o feminino en Carballo contra un Xiria intratábel, deixou en carballo 2 puntos. O masculino fixo en Santa Comba, facéndose coa súa primeira vitoria da tempada e traendo así 2 puntos para a casa, vo traballo e a seguir mellorando.
En cadetes o Ribadosar Táboa Asesores viaxou a Arteixo, o Arteixo foi superior e fíxose co partido. O Ribadosar Amancio Deportes viaxou a Camariñas, un partido dificil, importante para manterse nos primeiros postos, o equipo foi superior a un camariñas con unha defensa moi forte, que aínda a si non foi suficiente para parar ao Ribadosar, facéndose este coa vitoria.
Horarios
Este fin de semana comeza a competición de alevín e benxamín. Esta competición celebrase cada 15 dias en modo de concentración, nesta primeira xornada celebrase en Carballo.
Esta tempada vamos a participar con 3 equipos en categoría alevín e 1 en benxamín.
Na sección equipos da nosa web www.ribadosar.es podedes ver as clasificacións e os calendarios de todos os equipos.
Non tes desculpa toda a maña do sábado balonmán no Pavillón Quiroga Palacios.
Esta e a configuración prevista párao sábado.
CORRECCIÓN DE ERROS NO HORARIO DE SAÍDA DO BUS
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 31 de outubro de 2017
Horarios sábado 4 de novembro
Este fin de semana os nosos equipos infantís comezan a competición.
O infantil feminino viaxa a Carballo a xogar contra o Punta do Este Xiria, e o infantil masculino vai ata Traba (Santa Comba) a medirse co BM Xallas.
En categoría cadete tamén viaxan os dous equipos a xogar fora da casa.
Despois da pasada xornada moi dura para o Ribadosar Deportes Amancio contra o Arteixo Balonmán Maruxia Asesores, onte o Arteixo empatou o partido cun penalti co tempo esgotado a 24 – 24, viaxa o sábado a xogar contra o Conservas Boya Camariñas a desfacer o empate a puntos na táboa clasificatoria, partido que promete intensidade por parte dos dous equipos.
O Táboa Asesores tamén sófreu contra o Balonmán Atlantico, acabando o partido en táboas cun 20 – 20. Este fin de semana viaxa a Arteixo a ver si se poden facer con eses dous puntos ante un Arteixo moi duro.
Animamos aos socios a acompañar aos nosos equipos. Apuntadevos antes do Mercores as 23:00 horas.

Recordade os nosos links onde podedes estar sempre a ultima:
A competición de Alevín e benxamín ten previsto o seu inicio para o sábado 11, estade atentos a nosa web para ver os calendarios.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
luns, 23 de outubro de 2017
Horarios para o sábado 28 de outubro
O sábado 28 de outubro xogamos cos dous equipos de categoría cadete no Quiroga Palacios.
Nas categorías benxamín, alevín e infantil tanto masculino coma feminina aínda non están publicados os calendarios. Supoñemos que empezaremos en breve. Permanecede atentos a nosa web.
Resultados da pasada xornada.
Clasificación 2ª cadete a día de hoxe.
Hai que añadir 1 punto ao Camariñas e outro ao Lucus xa que non esta actulizada a web da federación.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 17 de outubro de 2017
Horarios para o sábado 21 de outubro
O sábado 21 os nosos equipos cadetes xogan os dous fora da casa, o Ribadosar Táboa Asesores desprazase ata Carballo para medirse contra o XIRIA Hierros Varela Urbieta, mentras que o Ribadosar Amancio Deportes mídese en Oleiros contra o Club Balonmano Atlántico.
As Categorías Infantil, Alevín e Benxamín temos previsto que comecen a competir o fin de semana do 28 de este mes.
As Categorías Infantil, Alevín e Benxamín temos previsto que comecen a competir o fin de semana do 28 de este mes.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 10 de outubro de 2017
Horarios sábado 14
Cadete Masculino.
Despois de un partido moi intenso en Lugo, con vitoria de 34
a 31 a favor do Lucus, temos que mirar xa ata o próximo fin de semana no que xa
os dous equipos nosos se enfrontan na casa contra dous equipos moi duros, no caso do Ribadosar Táboa Asesores contra o Lucus Recambios Infra
e o Ribadosar Amancio Deportes contra o Xiria Hierros Varela Urbieta .
Xa sabedes, si queres ver balonmán este sábado en Santiago, pásate
polo pavillón Quiroga Palacios a partires das 10:30 da maña.
As 11:45 Foto Oficial do Ribadosar Táboa Asesores.
Esperámoste!!!
En referencia as categorías; Benxamín, Alevín, Infantil tanto masculino coma feminino esta previsto o inicio en breve. En categoría Infantil Feminino aínda estas a tempo de apuntarte.
Non o dubides, Ven xogar ao Balonmán!!!
Crónicas prensa escrita en Lugo

Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 3 de outubro de 2017
Horarios sábado 7 outubro
Cadete Masculino.
O pasado fin de semana no pavillón Quiroga Palacios xogaron o Ribadosar Amancio Deportes e o Ribadosar Táboa Asesores onde se fixo coa vitoria o Ribadosar Amancio Deportes.
Desta volta o “Ribadosar Amancio Deportes” viaxa a Lugo para xogar contra o “Lucus la mafia se sienta a la mesa” a ver si se pode facer cos dous puntos, mentres o Ribadosar Táboa Asesores este fin de semana descansa.
En categorías Infantil Feminino, Infantil Masculino, Alevín e benxamín mixto estamos a espera da reunión de federación onde se explicara o funcionamento desta tempada.
Esperamos que en breve se vos poida informar de como se van a disputar esas competicións.
Ven Animar ao teu equipo!!
O balonmán en Santiago precisa de ti. Colabora!!
Pincha na imaxe para vela mais grande
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, Santiago de Compostela, España
xoves, 28 de setembro de 2017
Horarios adestramento definitivos 2017/2018
Etiquetas:
horarios adestramentos
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Partidos fin de semana
O sábado 30 de setembro celebrase a primeira xornada de 2ª división galega categoría cadete masculino, no que neste caso enfróntanse os dous equipos que temos no Ribadosar o Ribadosar Amancio Deportes e o Ribadosar Táboa Asesores. Esperamos que os dous equipos desfruten ao máximo da primeira xornada e que gañe o mellor.
Dende aquí tamén queremos agradecer aos noso colaboradores a implicación que están a ter co Ribadosar, sempre facendo mais doado levar a diante a promoción do balonmán na contorna de Santiago.
Etiquetas:
partidos
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
venres, 22 de setembro de 2017
Horarios entrenamiento próxima semana
Etiquetas:
horarios adestramentos
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
xoves, 21 de setembro de 2017
CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA (ZONA NORTE).
Os nosos xogadores do equipo Cadete, Felipe e Teo foron convocados para realizar unha sesión de adestramento da Preselección Cadete Masculina.
O adestramento será o Domingo 24 de setembro ás 18:30 no Pavillón de Almeiras (Rúa Catas, 35, 15180 Culleredo).
Parabéns, a desfrutar e moita sorte.
Etiquetas:
Preselección
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 19 de setembro de 2017
Presentación de equipos 17/18
O sábado 23 de setembro estamos de celebración no Pavillón Quiroga Palacios, temos a presentación dos equipos a partires de categoría infantil para a tempada 2017/18.
Esta tempada temos unha novidade moi boa para o balonmán na nosa cidade, xa que puidemos facer un grupo de 13 nenas para xogar en categoría Infantil, co que iso nos leva a non perder como xa nos ten pasado outras tempadas a xogadores moi boas.
En masculino este ano contamos con equipo infantil con moita ilusión, e en categoría cadete polo volume de xogadores tivemos que sacar dúas liñas, tamén están a traballar moi duro a pesares do pouco espazo que temos para adestrar.
En categorías benxamín e alevín aínda estamos formando os equipos. Están os prazos abertos para todos aqueles que queirades vir a probar ata finais de setembro de xeito gratuíto.
Aquí vos queda o cartel da presentación, vinde animar aos vosos fillos e fillas e unídevos ao Ribadosar.
Tamén comentarvos que xa están publicados os calendarios dos equipos cadetes. Podédelos ver na nosa web no apartado de equipos/cadetes.
Agradecementos a todos os nosos colaboradores xa que de este xeito faise todo moito mais sinxelo levar a diante este proxecto.
Si tes unha empresa, negocio e queres colaborar con nos, ponte en contacto a través do email: ribadosar@gmail.com e vemos as distintas modalidades adaptándoas as túas necesidades.
Esperámoste o sábado no Quiroga Palacios.
Etiquetas:
Presentación equipos
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
venres, 15 de setembro de 2017
Horarios adestramento semana 18 ao 24 setembro
Etiquetas:
horarios adestramentos
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
xoves, 7 de setembro de 2017
Ven a Xogar ao Balonmán
O Balonmán espérate!!,
En Santiago estamos unha temporada mais a tope co balonmán. Non dubides mais, únete as nosas filas, vas encontrarte con un ambiente moi bo, adestramentos semanais, competicións en ligas federadas os fins de semana, saídas para ver partidos de máximo nivel e un longo etc que poderás comprobar cando veñas a vernos. E todo isto con prezos moi axustados.
O Venres día 15 de setembro de 16 a 18 horas empezamos con categorías
alevín e benxamín
Etiquetas:
Promoción
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Horarios adestramento semana do 11 ao 17 de setembro
Estes son os horarios para adestrar para a semana do 11 ao 17 de setembro no pavillón Quiroga Palacios. (Recordade que por o de agora son horarios provisionais).
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
venres, 1 de setembro de 2017
Inicio adestramentos tempada 2017/18
Xa esta aquí setembro e con el comezamos
os adestramentos no pavillón Quiroga Palacios.
Unha tempada na que sacamos equipos de categorías:
Benxamín Mixto
Alevín Mixto
Infantil Masculino
Infantil Feminino
Cadete Masculino
O luns día 4 de
setembro comezan os adestramentos dos equipos Infantil Masculino 18:00 a 19:45
e o Cadete Masculino de 19:45 a 21:30 e co mesmo horario tamén o mércores
dia 6 de setembro.
O Martes día 5 de setembro comezan as
nosas “guerreiras” Infantil Feminino en horario de 18:00 a 20:00 así coma tamén
o xoves dia 7 no mesmo horario.
E as categorías de Benxamín e Alevín empezaremos
para a próxima semana, estade pendentes da nosa web, blog e twitter para
mantervos informados.
Estes horarios son so para a semana do 4 ao 7 de setembro,
nas próximas semanas poden sufrir modificacións.
(Aínda non están aprobados os horarios definitivos polo Concello)
Desculpade as molestias.
Directiva.
Etiquetas:
Inicio tempada 2017/18
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
luns, 10 de xullo de 2017
Equipación tempada 2017/18
Ábrese o 2º prazo para pedir as equipaciones para a próxima tempada.
IMPORTANTE
dende o 2 Ata o 25 de setembro
Non quedes sen elas
Tes que coller todas as prendas na tenda de deportes Intersport Amancio,
salvo a camiseta de xogo mais a de adestramento, que a tes que pedir no seguinte formulario web
Etiquetas:
Equipaciones
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
luns, 3 de xullo de 2017
CONVOCATORIAS DAS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS PARA O TORNEO DE CANGAS DE NARCEA
A Dirección Técnica da Federación Galega de Balonmán deu a coñecer as seleccións galegas infantís (masculina e feminina) que participarán no Torneo de Cangas de Narcea, que se celebrará do 4 ao 9 de xullo en Asturias. A Federación, neste caso, participará con dúas seleccións en cada categoría.
O noso representante coa selección Galega infantil e Jorge Tourón, a dalo todo...
Parabéns Jorge!!
O noso representante coa selección Galega infantil e Jorge Tourón, a dalo todo...
Parabéns Jorge!!
Etiquetas:
Jorge Touron,
Ribadosar,
Selección Galega
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
venres, 23 de xuño de 2017
Apúntate para a tempada 2017/18
Xa esta aberto o formulario web para que poidas formar parte do Club Balonmán Ribadosar.
Xa non tes desculpa si queres xogar ao balonmán en Santiago, e tes mais de 6 anos ponte en contacto con nos.
No seguinte link tes mais información
https://sites.google.com/site/ribadosar/casificacion
Etiquetas:
Preinscripción
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
luns, 19 de xuño de 2017
Resumen Fin de Tempada 2016/17
Un fin de semana moi intenso, con unhas temperaturas moi altas e unha axenda no Ribadosar sen oco para nada.
Estivemos o venres no Quiroga presentando a actividade que fan os mais cativos, partido dos pais contra os mais pequenos, acabando coa entrega de diplomas e un agasallo de unha mochila de cordón con unha camiseta do 5º aniversario do Club.
O sábado no campo de fútbol de Santa Isabel participando na Festa do Deporte, tamén con distintos xogos e partidos entre adultos, con unha asistencia nada desprezable para estar o día que estaba de arredor de 60 asistentes, tamén repartimos camisetas do club e mochilas de cordón entre os asistentes.
O Domingo pechamos a nosa actividade deportiva para esta tempada 2016/17 con partidos de categorías infantil e cadete entre os nosos equipos. Ao final dos encontros sorteáronse entre xogadores do club que estaban presentes unhas camisetas cedidas pola Federación Galega de balonmán.
Continuamos coa celebración cun xantar no Hotel Congreso, comida e piscina para todos os asistentes ata cerca das 8 da tarde.
Sabendo o complicado que e facer un oco nas vosas axendas douvos as grazas en nome da directiva e no meu propio, a todos os que participastes neste peche de tempada. Non deixa de ser unha recompensa a todo o esforzo que estamos a facer dende a directiva. Todas estas actividades levan moitas horas de traballo e programación de todos nos, para intentar que os nenos e nenas gocen de este fermoso deporte.
Tamén agradecer a todos os que fixestes posible que esta tempada se levara a cabo sen maiores problemas, Socios, Pais, Nais, Xogadores, Adestradores, Voluntarios, Conserxe dos pavillóns, Departamento de Deportes do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Secretaria Xeral Para o Deporte, Federación Galega de balonmán, Espina & delfín, Rodriguez Mato Avogados, Táboa Asesores, Frigoríficos do Morrazo – Balonmán Cangas, e aos xogadores, que votan unha man ca organización nas xornadas dos alevíns/benxamíns na casa, con marcadores, arbitraxes, fotos, vídeos, etc, Ari, Bruno, Gabi, Noelia, Ruben, Ricardo, Lidia, Valeria, e seguramente algún que me queda por ahi, grazas de verdade a todos.

Presidente.
Etiquetas:
fin tempada
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
sábado, 17 de xuño de 2017
Jorge a Selección Galega....
Un ano mais un xogador do Balonmán Ribadosar convocado coa Selección Galega Infantil Masculina, desta vez chamarón a Jorge Tourón.
Despois de participar no campionato de selección provinciais en Lalín o 11 de xuño, Jorge foi convocado para un adestramento maña en Redondela coa selección Galega.
Parabéns Jorge a seguir así..
Despois de participar no campionato de selección provinciais en Lalín o 11 de xuño, Jorge foi convocado para un adestramento maña en Redondela coa selección Galega.
Parabéns Jorge a seguir así..
Etiquetas:
Selección Galega
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
mércores, 14 de xuño de 2017
Reunión informativa
A directiva do Balonmán Ribadosar, convoca a todos os país e nais dos nenos e nenas, que queiran participar para a próxima tempada nas filas do Balonmán Ribadosar, (nados ente os anos 2006 e 2002 ambos incluídos), a unha reunión informativa o próximo día 21 de xuño mércores as 19:00 horas, na Casa das Asociacións en Cornes.
Con esta reunión pretendemos explicar cal vai ser o funcionamento de cara a próxima tempada 2017/18 en categorías, infantil feminino, infantil masculino e cadete masculino.
Para setembro convocaremos outra reunión cas categorías benxamín e alevín.
Rogase puntualidade, Grazas
Etiquetas:
Reunión informativa
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 13 de xuño de 2017
Peche da tempada 2016/17
Un ano mais chegamos ao peche da tempada. Xa cumprimos 5 anos, estamos a preparar todo de cara a próxima para intentar mellorar, pero antes queremos despedir a esta como se merece, con un cartel para este fin de semana de infarto, nunca se veu tanto Balonmán en Compostela como desta.
Vamos comezar o venres día 16 de xuño co peche das escolas no Colexio Quiroga Palacios. Empezaremos a iso das 16:00 horas onde se lle fará a entrega a todos os xogadores da camiseta do quinto aniversario do club, as 16:15 xogos de quecemento, as 16:30 comezaremos cos partidos de BM7 entre os distintos equipos, as 17:20 partido dos alevíns Ribadosar contra o equipo de nais e pais e as 17:50 empezaremos ca entrega de diplomas e foto de peche da escola.
O sábado 17 en Santiago celebrase o dia do deporte 2017, o Ribadosar vai a estar no campo de fútbol de Santa Isabel a partires das 16:30 ata as 20:30, no que poderemos desfrutar dunha estupenda tarde de balonmán ao aire libre. Para poder participar soamente tendes que traer roupa deportiva, moitas ganas de xogar, e vir ben descansados. Estades todos convidados, non vos perdades esta ocasión de desfrutar e ao mesmo tempo facer ver o voso deporte preferido na capital galega.
Programa festa do deporte
O domingo xa no escenario habitual do balonmán en Compostela, non nos iamos esquecer do pavillón que temos de referencia e que tantas horas pasamos nel (Quiroga Palacios), vamos a facer varios partidos cos equipos que posiblemente saquemos para a próxima tempada, en infantil tanto masculino coma feminino e tamén co cadete masculino.
Os xogadores terán que estar as 10:30 para comezar coa seguinte distribución:
11:00 a 11:40 Infantil Masculino
11:50 a 12:30 Infantil Feminino
12:40 a 13:30 Cadete masculino
E logo para repoñer forzas, vamos a comer ao Hotel o Congreso (Nos Tilos) a iso das 14:30
Dende a directiva estamos a organizar todos estas actividades con moito esforzo, polo que e moi posible que teñamos moitos erros. Dende aquí queremos aproveitar para pedirvos desculpas por se as cousas non saíron todo o ben que se quería. Tamén dicirvos que vos animamos a que vos unades a directiva para facer mais forte este club.

Tamén agradecer a todos os adestradores, técnicos, membros da directiva, Concello de Santiago, Federación Galega de Balonmán, así coma a todos os colaboradores a súa labor e compromiso durante toda a tempada. Grazas !!!
Etiquetas:
5º aniversario,
peche tempada
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
xoves, 8 de xuño de 2017
Campionato Galego Seleccións Provinciais
XIVº CAMPIONATO DE SELECCIÓNS
PROVINCIAIS DE BALONMÁN
(11 DE XUÑO DE 2017, LALÍN)
Etiquetas:
selección provinciais
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Xantar fin de tempada
Xa estamos a final da tempada 2016/17 e para celebrar o ven que nos foi, imos facer un xantar o domingo 18 de xuño no Hotel Congreso ( Montouto)
Todos os que queirades ir tendes de prazo ata o luns día 12 de xuño para apuntarvos no seguinte formulario.
Etiquetas:
Xantar
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
xoves, 1 de xuño de 2017
Campionato de Seleccións Provinciais
O
próximo 11 de xuño celebrase en Lalín o Campionato de Seleccións Provinciais, un
evento de referencia do balonmán de base en Galicia.
No
Balonmán Ribadosar temos ao noso xogador Infantil Jorge Tourón que foi
seleccionado e que nos representará coa Selección Coruñesa en categoría
infantil masculino.
Dende aquí desexámoslle que goce o máximo de esta ocasión, xa
que cada vez mais difícil ser seleccionado devido ao alto nivel que están a ter
todos os xogadores.
Parabéns
Jorge
123
Arriba Ribadosarrr!!!
Etiquetas:
selección provinciais
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 30 de maio de 2017
Xornadas de portas Abertas
Dende o Balonmán Ribadosar convidamos a todos os rapaces e rapazas de Santiago e a súa contorna a practicar o balonmán de balde durante os días 2 e 9 de xuño no pavillón Quiroga Palacios (Conxo).
Tamén adiantarvos que estaremos na Festa do deporte que se celebrara en Santiago o 17 de xuño, en breve os daremos mais información. Estade atentos a este blog.
Tamén adiantarvos que estaremos na Festa do deporte que se celebrara en Santiago o 17 de xuño, en breve os daremos mais información. Estade atentos a este blog.
Etiquetas:
xornadas portas abertas
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Infantil Feminino 2017/18
Para a tempada 2017/18 sacamos equipo
Infantil Feminino
Xa estamos adestrando,
os xoves de 18:15 a 20:00 horas no
Se queres formar parte do equipo non esperes mais,
pásate polo Pavillón,
ou inscríbete no formulario
e dámosche mais información
Etiquetas:
Balonmán Infantil Femenino
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Copa infantil
Este
sábado o noso equipo infantil deuno todo no Pavillón Quiroga Palacios derrotando
por un 26 – 25 ao Marmoleria Jose Rey Xiria de Carballo.
A
pesares de este partido intenso e con vitoria do Ribadosar, non foi posible clasificarse
para a final xa que o Pontedeume lles gañou ao Abegondo e ao Viveiro o sábado e
o domingo respectivamente, quedando así a 1 punto por enriba de nos.
Parabéns
aos clasificados para a final, que se disputará este fin de semana, entre o Culleredo
(1º grupo 1) e o Pontedeume (1º grupo 2), que gañe o mellor.
Dende
aquí aproveitar para felicitar a todo o equipo infantil xogadores e técnicos,
pola voa labor e progresión que tiveron ao largo da tempada.
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 23 de maio de 2017
Sábado todos cos infantís Ribadosar
Este sábado as 10:30 no Quiroga, o equipo infantil mídese contra o Marmolería José Rey XIRIA, ultimo partido de copa coa táboa moi axustada (primeiros posto da copa) despois de que o BM Viveiro nos empatase o partido cun penalti co tempo xa esgotado. Por outro lado estamos pendentes dos resultados do BM Pontedeume que xoga este fin de semana dous partidos, si gaña os dous pasaría o Pontedeume a final.
O sábado todos cos Infantís do Ribadosar no Quiroga!!!
Nas demais categorías non temos competición, en breve iremos comunicando os novos eventos.
O sábado todos cos Infantís do Ribadosar no Quiroga!!!
Nas demais categorías non temos competición, en breve iremos comunicando os novos eventos.
Etiquetas:
horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 9 de maio de 2017
Cronica, e horarios próximos encontros
O sábado 6 de maio celebrouse en Santiago a derradeira xornada de mini balonmán do grupo oeste da provincia de A Coruña.
Estivo a Pavillón Quiroga Palacios a pleno rendemento dende as 9:00 da maña montando as pistas, ata as 14:00 horas que se acabou de recoller todo. Os partidos comezaron as 10:00 con encontros cada 45 minutos en dobre pista e acabou o ultimo as 13:40.
Queremos agradecer a todos os que fan posible que estas xornadas se poidan levar a cabo ( Concello de Santiago, Voluntarios do Ribadosar, Xogadores de Categorías Cadete e infantil, que votan unha man cos arbitraxes e coas mesas dunha maneira desinteresada). Un evento de estas características necesita moitas pequenas cousiñas, que sen elas o resultado non seria o mesmo de ningunha maneira.
Tamén queremos agradecer o bo comportamento de todos os seareiros do balonmán, mostrando un comportamento exemplar en todas as xornadas da tempada xogadas en Santiago. Pincha na foto par a ver o albún.
Pola tarde viaxamos a Lugo a xogar un triangular, contra o Lucus e o Auseva de Oviedo, este ultimo esta preparando o Campionato de España cadete. Xogamos contra uns equipos de bo nivel, onde puxemos a proba a David como porteiro Cadete, facendo unha actuación moi boa. Noraboa a o equipo cadete polo nivel mostrado.
O Domingo, o equipo Infantil xogou as 10:00 no Quiroga, non pudendo superar a un Artabro que se fixo cunha diferenza no marcador e soubo aguantar ata o final do partido.
Para as próximas xornadas viaxamos co equipo infantil a xogar a copa e co cadete partidos amigables nas mesmas localidades, o domingo 14 toca Culleredo e o mércores 17 de maio a viveiro. A dalo todo...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)