Por causa da
demisión por motivos estritamente persoais do actual presidente, e de acordo
cos estatutos do Club Balonmán Ribadosar, son convocadas eleccións á
presidencia do clube e renovación da Xunta Directiva.
O calendario desta
convocatoria é o seguinte:
· De 9:00h de 23 de maio a 20:00h de 30 de maio de
2025 estará aberto o prazo para a presentación de candidaturas.
Poderá
apresentar candidatura á presidencia do CB Ribadosar calquera Socio/a Numerario/a
con todos os pagamentos en día e con plena capacidade para obrar. Para iso é
preciso cubrir o Anexo adxunto e envialo para o e-mail ribadosar@gmail.com antes
das 20:00h de 30 de maio de 2025.
· Antes das 20h do día 31 de maio será publicada na web
do CB Ribadosar (www.ribadosar.es) a listaxe provisoria das candidaturas apresentadas.
O prazo para eventuais reclamacións estará aberto até as 20:00h do día 5 de
xuño.
· No día 5 de xuño será convocada Asemblea Xeral Extraordinaria
de socios/as do CB Ribadosar para o día 20 de xuño.
Esta asamblea
extraordinaria para a elección do Presidente ou Presidenta do CB Ribadosar dará
comezo no final da asamblea ordinaria convocada para a mesma data ás 18:30
horas en segunda convocatoria.
· O día 6 de xuño será publicada na
web do BM Ribadosar (www.ribadosar.es) a listaxe definitiva das
candidaturas apresentadas.
En Santiago de Compostela, a 19 de maio de 2025.
Asinado: Marta
Solla. Secretaria do CB Ribadosar
_______________________________________________________________
ANEXO
Apresento por este medio a miña
candidatura para a Presidencia do Club Balonmán Ribadosar
Nome:
Apelidos:
DNI:
En Santiago de Compostela, a ____ de maio de 2025
Asinado
Descarrega aquí o anexo:
Solicitude de candidatura á presidencia do CB Ribadosar 2025
Ningún comentario:
Publicar un comentario