Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 10 de xuño de 2024

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar (21/06/2024)

 

 

De acordo o artigo 17 dos seus estatutos, convoco pola presente a todas as persoas asociadas ao Club Balonmán Ribadosar á asemblea ordinaria do clube que terá lugar no Restaurante A Nave de Vidán (Av. da Mestra Victoria Míguez, 44, 15706 Santiago de Compostela) a próxima sexta feira (venres), día 21 de xuño de 2024, ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación, se proceder, das actas das asembleas (ordinaria e extraordinarias) anteriores

  2. Informe da presidencia

  3. Aprobación, se proceder, do informe económico da tempada 2023-2024

  4. Información sobre a proposta de orzamento previsto para a tempada 2024-2025

  5. Aprobación, se proceder, da proposta da directiva de conferir a distinción de socios honorarios a Gregorio Vendrell e José Ricardo Vázquez, presidentes do Club Balonmán Ribadosar entre 2012 e 2023

  6. Asuntos varios

  7. Rogos e preguntas

En Santiago de Compostela, a 10 de xuño de 2024.

Asdo. Roberto Samartim

(presidente)

Documentación para a asemblea:

Acta da asemblea ordinaria de 26/06/2023

Acta da asemblea extraordinaria de 26/06/2023

Acta da asemblea extraordinaria de 07/10/2023

Informe económico 2023-2024

Orzamento previsto 2024-2025 (será apresentado na asemblea)


Despois da asemblea serán servidos uns petiscos. Para participar é imprescindíbel inscrición previa através do seguinte formulario antes das 12 horas de 14 de xuño de 2024.

 

Inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións de Santiago de Compostela nº 591 (NIF: G70327655)
Avda. de Bilbao nº 12 – 3ºA. 15706 Santiago de Compostela (Galiza)
e-mail: ribadosar@gmail.com web: www.ribadosar.es


Ningún comentario:

Publicar un comentario